Aureliano Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Aureliano Pereira
Aureliano Pereira.jpg
Nacemento 22 de xaneiro de 1855
  Lugo
Falecemento 31 de outubro de 1906
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Aureliano José Pereira de la Riva, nado en Lugo o 22 de xaneiro de 1855[1][2] e finado en Madrid[3] o 31 de outubro de 1906,[1][4] foi un político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixes familiares humildes, non lle foi posible cursar estudos superiores.

Labor periodístico[editar | editar a fonte]

Desempeñou o labor de xornalista en publicacións periódicas como El Heraldo Gallego, El Diario de Lugo e El Regional (que dirixiu desde a súa fundación en 1884 ata 1893). Colaborou con varios periódicos e revistas como La Ilustración Republicana Federal (1872),[2]El Bazar (1874), La Familia (1875), Barcelona Cómica (1895), La Ilustración Española y Americana[5]​ o El País.[4] A finais de 1899, en Madrid, encargouse da dirección, e foi redactor, da revista Nuevo Mundo[6], El Nacional e outros periódicos.[5]

Ideoloxía política[editar | editar a fonte]

Liderou o rexionalismo federalista da segunda metade do século dezanove. Estivo afiliado durante anos ao Partido Republicano Federal de Galicia,[7] no que ocupou cargos de certo relevo provincial, chegando a ser elixido concelleiro de Lugo en 1887. O seu peso na organización federal viría confirmarse ao ser nomeado, conxuntamente con Manuel Mosquera Lequerica e Modesto Moirón, membro da comisión encargada, xunto a Moreno Barcia, da redacción do Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galego, texto clave do federalismo en Galicia, que sería discutido e aprobado na Asemblea de Lugo do 2 ao 7 de xullo de 1887.

Sen abandonar o federalismo, en 1890 intégrase na Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía e Alfredo Brañas, como Secretario do Comité Rexionalista de Lugo. Sendo un caso único no galeguismo do século XIX, ao articular o rexionalismo cultural e político co federalismo republicano.

Republicano convencido, contrario ao caciquismo, partidario dunha sociedade laica e inimigo do sistema foral, foi un home preocupado pola situación da muller do seu tempo e un simpatizante do movemento obreiro.

Apartado da practica política rexionalista desde 1893, apoia ao Partido Liberal Fusionista. En 1894 trasládase a Madrid cun posto de modesto funcionario no Ministerio de Fomento, e alí tamén trancorreron afastado de Galicia os derradeiros anos da súa vida.

Obra[editar | editar a fonte]

Aureliano José Pereira de la Riva.

Entre a súa obra poética, na súa totalidade en lingua galega, destacan Cousas da aldea (1891) Terra a miña (1891) e A cova da serpe (1892), coas que obtería galardóns diversos en certames e xustas. Publicou ademais numerosas composicións soltas en xornais e revistas. Así mesmo, preocupado polo futuro da literatura galega, sentiu a necesidade de crear unha editorial, obxectivo que se acadaría finalmente co nacemento da Biblioteca Gallega, impulsada por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Títulos[editar | editar a fonte]

  • Soledad, Lugo, 1879.[8]
  • El Regionalismo, Barcelona, 1887.[9]
  • Poesías, Lugo, 1891 (con D. L. González López).[10]
  • Romancero de la ciudad de Lugo, Lugo, 1892.[11]
  • A Cova d'a serpe, Lugo, 1892.[12]
  • El Regionalismo y la poesía gallega, Lugo, 1895.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Carballo (1975), p. 439
  2. 2,02,1 Máiz (2006), p. 14
  3. "«Necrología». La Correspondencia de España (Madrid) (17.795)". Biblioteca Virtual de Prensa Histórica. 31-10-1906. p. 2. Consultado o 02-06-2018. 
  4. 4,04,1 Máiz (2006), p. 34
  5. 5,05,1 Ossorio (1903), p. 339
  6. Revista Gallega, 244, 12-11-1899, p. 3.
  7. Máiz (2006), p. 35
  8. Soledad
  9. El Regionalismo
  10. Poesías
  11. Romancero de la ciudad de Lugo
  12. A Cova d'a serpe
  13. El Regionalismo y la poesía gallega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aureliano_Pereira&oldid=4833430"