Aurora de Albornoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aurora de Albornoz
Aurora de Albornoz.jpg
Nome completoAurora de Albornoz
Nacemento22 de xaneiro de 1926
 Ḷḷuarca
Falecemento6 de xuño de 1990
 Madrid
CausaIctus
SoterradaSanta María Magdalena de Pazzis Cemetery
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Salamanca
Ocupaciónprofesora, escritora, poetisa e crítica literaria
editar datos en Wikidata ]

Aurora de Albornoz Peña, nada o 22 de xaneiro de 1926 e finada o 6 de xuño de 1990, foi unha escritora, poeta, crítica literaria, profesora, ensaísta, española, orixinaria de Ḷḷuarca, Asturias. Na súa mocidade, viviu en Luarca cos seus pais, irmáns e demais familiares, atravesando toda a guerra civil española de 1936 a 1939— un evento que inspiraría a súa poesía posterior.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era dunha familia de notables poetas e políticos. O seu avó e o seu pai eran coñecidos poetas locais. O seu pai foi Manuel de Albornoz Carreras e a súa nai María Peña Fernández. O tío do seu pai, Álvaro de Albornoz, foi ministro de Xustiza do goberno da Segunda República Española até a guerra civil. Co tempo, converteuse no presidente do goberno republicano no exilio en París e en Cidade de México; mentres continuaba en España a ditadura de Franco. En 1959, o seu tío Severo Ochoa de Albornoz (que fuxira de España cun pasaporte republicano), mentres vivía e traballaba nos Estados Unidos, foi galardoado co Premio Nobel de Medicina con Arthur Kornberg, por descifrar o ARN.

Dende a década de 1890, a súa familia estivera involucrada en negocios en Porto Rico. En 1944, con 18 anos de idade, Aurora de Albornoz exiliouse coa súa familia a San Xoán. Alí comezou a súa educación universitaria, e obtivo unha mestría en Artes pola Universidade de Porto Rico. Por entón, comezou a estudar baixo a tutela do Premio Nobel andaluz Juan Ramón Jiménez.

En agosto de 1950 casou en Porto Rico co andaluz Jorge Enjuto Bernal. Como Albornoz, Enjuto Bernal era dunha familia republicana exiliada. O seu pai, Federico Enjuto Ferrán, foi un maxistrado republicano que formou parte do tribunal que xulgou a José Antonio Primo de Rivera, o fundador da Falanxe, o Partido Fascista de España. Despois de vivir en Porto Rico, e logo por un curto tempo en Kansas, e posteriormente en París, en 1957 o matrimonio disolveuse en 1967.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aurora de Albornoz". 
  2. "Poesía. En busca de Aurora de Albornoz". LNE.es. «un caso paradigmático del exiliado que se siente fiel a sus raíces», en palabras de José Luis Abellán- goza de prestigio en amplios círculos académicos pero sin que su obra creativa haya despertado una necesaria atención. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aurora_de_Albornoz&oldid=4682101"