Autopista, unha navallada á nosa terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Autopista, unha navallada á nosa terra
Puente de Rande Pontevedra España.JPG
Ponte de Rande, inaugurada en 1977
Ficha técnica
DirectorLlorenç Soler
GuiónLlorenç Soler
Duración33 min[1]

Autopista, unha navallada á nosa terra, tamén coñecida como Autoestrada, unha navallada á nosa terra,[2] é unha curtametraxe documental dirixida por Llorenç Soler. O documental detalla a construción da autoestrada do Atlántico, destacando a resistencia popular á súa construción durante a transición. O filme realizouse en 1977, dous anos despois da morte do ditador Francisco Franco.

O filme foi realizado a petición da coordinadora de afectados da que formaban parte os arquitectos César Portela e Salvador Tarragó.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Como a maioría dos filmes de Soler, céntrase nas prácticas posiblemente explotadoras a través das testemuñas das persoas afectadas. Este documental explora o colectivo de granxeiros galegos e a unificación política para loitar contra a construción da autoestrada que cortaría Galicia en dous.

Ao final tamén serve como ferramenta para crear conciencia política para inspirar o futuro activismo. Na conclusión do documental o narrador anima o espectador a mobilizarse. O filme contrasta os conceptos de modernización atraso para suxerir unha infraestrutura colonial que dea a entender o poder político representado pola autoestrada e os seus beneficios. Na montaxe o filme tamén documenta a vida rural, a cultura, as tradicións populares e as festas en Galicia durante a década de 1970.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FilmAffinity
  2. AVG. O soportal do audiovisual galego
  3. Folgar de la Calle, José Mª; et al. (2005). Marginados y excluidos: un enfoque interdisciplinar. Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 4-1-2016. 
  4. Sánchez, Pep. "Llorenç Soler, la voz de los sin voz". culturaenaccion.com. Consultado o 16-1-2016. 
  5. Sánchez, Pep. "Mirando hacia atrás con ira [Vídeos de Llorenç Soler]". culturaenaccion.com. Consultado o 16-1-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Autopista,_unha_navallada_á_nosa_terra&oldid=5184597"