Avelino Barrio Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Avelino Barrio Pérez
Nacemento10 de agosto de 1920
 A Coruña
Falecemento30 de xuño de 1979
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña e Arxentina
Educado ensen etiquetar
Ocupaciónmédico
PaiAvelino Barrio López
editar datos en Wikidata ]

Avelino Barrio Pérez, nado na Coruña o 10 de agosto de 1920 e finado en Buenos Aires o 30 de xuño 1979, foi un médico e herpetólogo arxentino de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Avelino Barrio López, naceu na Coruña coincidindo cunha visita do seu pai a Galicia[1]. Estudou no Colexio Nacional de Bos Aires, e doutorouse na Universidade de Bos Aires (1948-1954). Pasou a maior parte da súa carreira nesa Universidade, e no Instituto Nacional de Microbiología Carlos Malbrán, chegando a xefe da División Herpetología y Ponzoñas. En 1969 fundou o Centro Nacional de Investigaciones Ictiológicas e consagrouse ao estudo de animais velenosos. Tamén traballou en taxonomía, e estudou o canto das ras.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Observaciones sobre Lepidosiren paradoxa y fijación de material argentino. Revista Arg. de Zoogeografía III, 1943.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Avelino Barrio, o médico dos emigrados". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 08 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kraig Adler. 1989. Contributions to the History of Herpetology, Society for the study of amphibians and reptiles.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Avelino_Barrio_Pérez&oldid=4888938"