Axencia Estatal de Meteoroloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) é unha Axencia Estatal de España, cuxo obxectivo básico é a prestación de servizos meteorolóxicos, que sexan competencia do Estado. Foi creada por Real Decreto 186/2008 de 8 de febreiro de 2008 (Boletín Oficial do Estado n.º 39 de data 14 de febreiro de 2008), substituíndo ó antigo Instituto Nacional de Meteoroloxía. Atópase adscrita ó Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente.

Segundo o seu Decreto de creación ten personalidade xurídica pública, patrimonio e tesouraría propios, e autonomía de xestión dentro dos límites estabelecidos pola Lei de Axencias Estatais. Ademais de exercer a autoridade meteorolóxica, representa a España perante os organismos internacionais de meteoroloxía, que fundamentalmente son a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a Organización Europea para a Explotación de Satélites Meteorolóxicos (EUMETSAT), e o Centro Europeo de Previsións Meteorolóxicas a Prazo Medio (CEPMPM).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Axencia_Estatal_de_Meteoroloxía&oldid=5150566"