Axencia Comunitaria de Control da Pesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Axencia Europea de Pesca")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Axencia Comunitaria de Control da Pesca (Community Fischeries Control Agency).

A Axencia Comunitaria de Control da Pesca tamén chamada Axencia Europea de Pesca é unha axencia da Unión Europea creado en 2005 de carácter técnico e administrativo. O seu presidente é o portugués Marcelo de Vasconcelos e o director executivo o nerlandés Harm Koster. A axencia ten a súa sede en Vigo.

Obxectivo[editar | editar a fonte]

Sede na Avenida de García Barbón n.º 4, Vigo.

A misión da axencia é mellorar o cumprimento da política pesqueira común, conforme a súa última reforma de 2002, ao unificar os criterios de control e inspección dos caladoiros que seguían cada un dos estados membros. Depende polo tanto da Dirección Xeral de Pesca e Asuntos Marítimos da Unión Europea, que é o órgano político, mentres que a axencia é só o órgano técnico e administrativo.

Tamén depende desta Dirección Xeral a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA).

Funcións[editar | editar a fonte]

A axencia ten como función coordinar as políticas dos estados membros da Unión Europea no que respecta o control dos caladoiros. Iso inclúe dende organizar o despregamento dos medios seguindo unha estratexia común ata formar inspectores de caladoiros, fornecer equipos técnicos e promover a creación de grupos de inspectores que mesturen diversas nacionalidades.

A axencia actuará tanto en terra como dentro das 200 millas de augas territoriais, pero tamén en alta mar (augas internacionais) e nas augas dos países terceiros se se chegase a un determinado acordo.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Ten un consello de administración composto por 33 persoas, e mais os seus 33 asistentes, dos cales 6 representan a Comisión Europea e 27 de cada un dos estados membros, teñan ou non perímetro costeiro marítimo. O consello de administración elabora o programa de traballo, aproba o orzamento e elixe o director executivo. O 14 de xuño de 2006 foi elixido para o cargo o neerlandés Harm Koster.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Flag of Europe.svg Axencias da Unión Europea
Control da Pesca • Calidade de vida e de traballo • Camiños de ferro • Dereitos fundamentais • Drogas • Enfermidades • Formación • Formación profesional • Fronteiras exteriores • Igualdade de xénero • Medio ambiente • Menciñas • Mercado interior • Navegación por satélite • Produtos químicos • Reconstrución • Axencia Europea de Seguridade Aérea • Seguridade alimentaria • Seguridade laboral • Seguridade marítima • Seguridade das redes • Tradución • Variedades vexetais
Axencia Europea de Defensa • Instituto Europeo de Estudos verbo da Seguridade • Centro da Unión Europea para os Satélites
Instituto da Policía Europea • Europol • Eurojust
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Axencia_Comunitaria_de_Control_da_Pesca&oldid=4789671"