Axuda:Atallos de teclado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
A:TECLADO

A pel por defecto da Wikipedia, chamada Vector, contén varios atallos de teclado que podes empregar para acceder a algunhas das características da Wikipedia máis rápidamente.

Os atallos de teclado tamén poden ser útiles para algúns usuarios con discapacidade e non requiren JavaScript para funcionar. Porén, en ocasións poden interferir con algúns lectores de pantalla que tamén usan atallos de teclado. Nas Preferencias de Navegación poden desactivarse estes atallos de ser necesario.

Teclas de función[editar | editar a fonte]

A maioría dos navegadores web requiren manter pulsada unha ou dúas teclas de función para usar unha tecla de acceso. Os distintos navegadores web chaman a estas teclas especiais de diferentes formas:

  • Internet Explorer en Windows: Mantén pulsado Alt e preme a tecla de acceso (nalgunhas versións requírese premer tamén Entrar).
  • Opera: Pulsa e solta Maiús+Esc, logo preme a tecla de acceso.
  • Safari en Windows: Mantén pulsado Alt e preme a tecla de acceso.
  • Safari en Mac OS X: Mantén pulsado control+option e preme a tecla de acceso.

Teclas de acceso[editar | editar a fonte]

Tecla Acción Descrición
+ Engadir unha sección Permite engadir unha nova sección
. Páxina de usuario Abre a túa páxina de usuario se estás rexistrado
= Protexer Permite protexer a páxina actual (só administradores)
Desprotexer Permite desprotexer a páxina actual (só administradores)
C Páxina de contidos Abre á páxina principal asociada coa actual (por exemplo un artigo, se estás na súa páxina de conversa ou historial)
D Borrar Permite borrar a páxina actual (só administradores)
Restaurar Permite restaurar a páxina actual (só administradores)
E Editar Permite editar a páxina actual (páxinas non protexidas)
Ver código fonte Amosa o código fonte da páxina actual (páxinas protexidas)
F Procura Permite facer procuras en Wikipedia
H Historial Amosa o historial da páxina
J Páxinas que ligan con esta Amosa as páxinas que ligan coa actual
K Cambios relacionados Amosa cambios recentes nas páxinas ligadas dende a actual
L Lista de vixilancia Abre a túa lista de vixilancia (só usuarios rexistrados)
N A miña Conversa Abre a túa páxina de conversa
P Vista previa Amosa a vista previa da edición actual
Q Páxinas especiais Amosa a lista de páxinas especiais
R Cambios recentes Amosa a lista de cambios recentes
S Gardar páxina Garda os cambios feitos na edición
T Conversa Abre a página de conversa asociada á páxina actual
U Cargar un ficheiro Abre o diálogo de carga de ficheiros
V Editor visual Inicia o editor visual na páxina actual
W Vixiar Engade a páxina actual á tua lista de vixilancia (só usuarios rexistrados)
X Páxina aleatoria Amosa un artigo aleatorio
Y As miñas contribucións Abre a lista das túas contribucións
Z Portada Navega ata a Portada da Wikipedia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Para algunhas teclas (p.ex. r), tanto Alt como Alt+ Maiús funcionan; Para outras (p.ex. f), só Alt+ Maiús funciona; Para outras (p.ex. .), só Alt funciona.

Frecha. Volver á páxina de axuda.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Axuda:Atallos_de_teclado&oldid=4006723"