Axuda:Como traducir un artigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina detalla os pasos relacionados coa creación ou mellora de artigos mediante a tradución desde os seus homólogos en calquera idioma dentro do proxecto Wikipedia. A tradución de artigos ou textos publicados noutros idiomas do proxecto constitúe unha fonte de riqueza informativa de gran valor, xa que permite aproveitar o traballo xa realizado por outros editores noutros idiomas, pero debe ser levada a cabo con pericia e dedicación para lograr un resultado aceptable. Se se teñen en conta as precaucións contidas nesta guía poden evitarse problemas e erros comúns.

Antes de comezar a tradución[editar | editar a fonte]

A elección do artigo a traducir é primordial. Un factor importante é asegurarse de que cumpre coas políticas de Wikipedia en galego. Debe desconfiarse de contidos sen referencias ou que teñan modelos de mantemento na versión da Wikipedia de orixe do artigo. Así mesmo, é recomendable visitar a páxina de conversa do artigo a traducir, principalmente para comprobar as anotacións que os colaboradores foran deixando. Se o artigo orixinal ten, por exemplo, lagoas de verificabilidade, persistirán despois da tradución, dado que só poden garantirse se conteñen ligazóns externas que apoien eses textos mediante un modelo. Por iso, é recomendable traducir artigos destacados, xa que son os mellores artigos das wikipedias, e tamén artigos que mostren alto contido de calidade. É posible que desexe traducir todo tipo de artigos, pero debe ter en conta que debe aplicar as mesmas suxestións que aquí se expoñen. En caso contrario, poida que sexa máis beneficioso renunciar á tradución e redactar a partir doutras fontes.

Durante o proceso de tradución[editar | editar a fonte]

Se vas levar a cabo a tradución por partes no espazo de artigos de Wikipedia e se, debido a constantes cambios, a túa tradución contén lagoas ou resulta en ocasións dubidosa, recoméndase entón o uso do modelo {{En tradución}}. Non debe usarse o modelo {{En uso}}, posto que o modelo {{En tradución}} ten o mesmo fin e é máis específico.

Durante a edición recoméndase non deixar á vista textos no idioma orixinal do artigo ao gravalo, e para iso o texto no devandito idioma debe incluírse entre os seguintes códigos: <!-- texto a ocultar -->. Desta forma, evítase que, durante o a tradución do artigo, o posible lector invitado ou colaborador no proxecto obteñan unha visión do artigo ofuscada debido ás partes sen traducir. Finalmente, unha vez que os textos no idioma orixinal foron traducidos, deben eliminarse do artigo.

Se non posúes un dominio avanzado do idioma que vas traducir e desexas colaborar traducindo, podes crear unha subpáxina de usuario, así: [[usuario:nomedeusuario/taller]]. Leva a cabo pequenas traducións aí, e se non estás seguro do resultado, solicita a axuda dalgún usuario dese idioma antes de levar a cabo a tradución no espazo de artigos de Wikipedia.

Ferramentas[editar | editar a fonte]

Podes usar o teu editor de texto favorito, como notepad, kwrite ou emacs e tamén un procesador de textos, por exemplo Abiword, para levar a cabo a redacción da tradución: unha vez finalizada, podes copiala, pegala e gravala no artigo ou na subpáxina de usuario que creases, segundo o método de tradución elixido.

Se o desexas, podes facer uso de todo tipo de ferramentas de tradución, como a proporcionada por Wikimedia nas preferencias de usuario, a cal se nutre do proxecto Wikcionario, ou facer uso de dicionarios en liña, por exemplo WordReference ou Proz ou Linguee. É tamén posible facer uso de dicionarios instalados no teu ordenador, por exemplo StarDict ou dictd. Se elixiches traducir textos ou artigos da versión de Wikipedia en inglés, ten en conta que os principais dicionarios equivalentes ó Real Academia Galega son o dicionario Webster e o dicionario Oxford.

Tradución do texto[editar | editar a fonte]

Se o teu nivel de coñecemento do idioma que traduces non é avanzado, ten coidado cos falsos amigos; un erro que adoita cometerse ao tentar traducir pola nosa conta, deixándonos levar polo parecido da escritura. Por exemplo abstract significa abstracto, pero tamén resumo, dependendo do contexto. Advertisement parécese a advertencia, pero significa anuncio ou publicidade. Outra suxestión nas traducións consiste en facer na medida do posible o maior uso da lingua galega e aproveitar a riqueza da súa gramática. Por exemplo, evita usar a palabra mánager, se podes usar «apoderado» ou «representante»; de igual forma, usa «disco compacto» en lugar de «CD».

Procura ademais seguir a gramática da Real Academia da Lingua na súa última normativa xa que ese é o galego estándar que se debe usar nos artigos da Galipedia.

Tradución do resto dos elementos do artigo[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]

As ligazóns internas, é dicir, aqueles textos encerrados entre dobres corchetes ([[ligazón interna]]), requiren especial atención para asegurarse de que apunten aos artigos correctos e non a homónimos ou a entradas baleiras, cando o concepto quizais si exista na Galipedia, só que escrito doutra maneira. A tal fin convén percorrer o interwiki desde o artigo fonte, para chegar ao artigo correspondente en galego se é que existe. En moitos casos isto axuda a elixir a tradución correcta de termos moi específicos (por exemplo, toponimia) ou outros conceptos que xa existen como entrada na Galipedia.

Modelos e os seus parámetros[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Axuda:Modelo.

Cada versión por idioma da Wikipedia posúe os seus propios nomes para denominar algunhas das variables usadas nos modelos; por exemplo, unha ligazón externa que proporciona verificabilidade. Neste exemplo, a versión en inglés usa unha variable chamada |title=, mentres que en galego, úsase |título=. Debido a isto, deberás atopar o modelo análogo nesta Wikipedia. Por favor, tómate o tempo de buscala (por exemplo servíndote das interwikis) e de utilizala cos seus parámetros en galego, en lugar de traer o modelo textual nun idioma distinto. De todos os xeitos, adoita ser preferible que se traballe nun editor externo, tal e como comenta un apartado anterior, aínda que tamén podes usar a opción «Mostrar previsualización» para ver o resultado antes de usar a opción «Gravar a páxina».

Imaxes e outros recursos multimedia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Wikipedia:Ficheiros multimedia.

Todas as imaxes e outros recursos multimedia (gravacións sonoras ou de vídeo...) incluídos nas páxinas da Galipedia alóxanse no repositorio chamado Wikimedia Commons, un proxecto irmán. Se as imaxes do artigo que estás a traducir xa se atopan alí -cousa que podes comprobar premendo sobre elas e lendo a súa páxina de descrición-, pódense usar aquí directamente do mesmo xeito. Con todo, algunhas Wikipedias noutros idiomas aloxan imaxes e multimedia tamén de forma local, que non se visualizarán nesta. Para usalas aquí deben ser previamente trasladadas a Commons, o que só será posible se a súa licenza é compatible coas condicións dese sitio.[1]

Interwikis centralizados en Wikidata[editar | editar a fonte]

Recoméndase que inclúas a túa tradución entre as ligazóns interlingüísticas, coñecidas tamén como interwikis e almacenados de forma centralizada no proxecto denominado Wikidata, para facilitar a navegación entre diferentes versións do artigo. Desta forma ofrécese ao lector a posibilidade de contrastar a información e, nalgúns casos, de ampliala se o artigo é máis extenso noutros idiomas. Unha das dificultades ao utilizar Wikidata que é, á vez, unha das súas maiores vantaxes é o feito de que alí é posible corrixir a vinculación errónea entre artigos en diferentes idiomas: hai moitos casos nos que parece non facer falta máis que a adición dunha ligazón interwiki cando o que ocorre en realidade é que devandita ligazón foi asignada, erroneamente, a outro artigo máis amplo ou, pola contra, a un máis específico: Wikidata dá a opción de fusionar ambos, si, pero o máis apropiado é, por suposto, elaborar o artigo específico que faga falta.

Despois da tradución[editar | editar a fonte]

Se revisas un artigo ou sección produto dunha tradución e o resultado non é bo, podes marcalo cun dos seguintes modelos, en función do seu estado:

  • Se atopas unha tradución automática ou unha tradución de tan mala calidade que entendas que mellorala pode supor tanto esforzo como volver facela, podes marcala con {{autotrad}}, e avisar ao seu autor, co que terá un mes de prazo para mellorala ou, pola contra, será borrada.
  • Se atopas artigos completamente escritos noutro idioma ou cuxo texto produto dunha tradución automática é totalmente incomprensible, podes solicitar o seu borrado directo co modelo {{Lixo|Artigo noutro idioma.}}.

Dereitos de autor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Wikipedia:Dereitos de autor.

Os artigos de Wikipedia están baixo as licenzas GFDL e Creative Commons Compartir Igual 3.0 Unported; nin Wikipedia nin a fundación Wikimedia posúen os dereitos de autor dos artigos, senón os seus editores. Entón, sempre que crees un artigo a partir dunha tradución desde outra Wikipedia debes usar polo menos un dos métodos seguintes para recoñecer a autoría:

  • Anotar, no resumo de edición: Traducido de [[:xx:Artigo orixinal]], exactamente a versión http://xx.wikipedia.org/w/...oldid=1237182427, baixo licenza GFDL e CC-BY-SA 3.0
xx é o código de idioma da Wikipedia de orixe (por exemplo, en para a Wikipedia en inglés)
Para precisar a versión exacta do artigo orixinal, ir ao menú Ferramentas (á esquerda), Ligazón permanente (en inglés: Tools, Permanent link) e copiar a dirección completa da páxina resultante.
Entón, se traducísemos o artigo James Bond desde a Wikipedia en inglés, o resumo de edición debería ser:
Traducido de [[:en:James Bond]], exactamente a versión http://en.wikipedia.org/w/index.php?title=James_Bond&oldid=580577567, baixo licenza GFDL e CC-BY-SA 3.0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Para maior detalle véxase a páxina «Traslado a Commons de imaxes e arquivos multimedia» nese proxecto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Axuda:Como_traducir_un_artigo&oldid=4097786"