Azotobacter chroococcum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Azotobacter chroococcum
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Pseudomonadales
Familia: Pseudomonadaceae
Xénero: ''Azotobacter
Especie: 'A. chroococcum'
Nome binomial
'Azotobacter chroococcum'
Beijerinck 1901[1]

Azotobacter chroococcum é unha bacteria descuberta en 1901 por Martinus Beijerinck, que ten a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico e foi o primeiro fixador de nitróxeno de vida libre aerobio descuberto.[2]

Características[editar | editar a fonte]

A. chroococcum é unha bacteria microaerófila,[3] que pode fixar o nitróxeno en condicións aerobias. Para facelo produce tres encimas (catalase, peroxidase e superóxido dismutase) cos que "neutraliza" as especies reactivas do oxíxeno. Tamén forma o pigmento hidrosoluble castaño escuro melanina en alto nivel durante a fixación do nitróxeno, que se cre protexe o sistema da nitroxenase do oxíxeno.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Fixéronse investigacións sobre as aplicacións potenciais de A. chroococcum para mellorar a produción agrícola. Polo menos un estudo mostrou un incremento significativo na produción das colleitas ligada á produción de "auxinas, citocininas e substanias de tipo GA" por A. chroococcum.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parte, A.C. "Azotobacter". www.bacterio.net. 
  2. Beijerinck M. W. (1901). "Ueber Oligonitrophile Mikroben". Zentralblatt für Bakteriologie, Parasitenkunde, Infektionskrankheiten und Hygiene. Abteilung II (en German) (7): 561–582. 
  3. 3,03,1 Shivprasad S., Page W. J. (1989). "Catechol Formation and Melanization by Na+ -Dependent Azotobacter chroococcum: a Protective Mechanism for Aeroadaptation?". Applied and Environmental Microbiology 55 (7): 1811–1817. PMC 202955. PMID 16347974. 
  4. Wani, Sartaj; Chand, Subhash; Ali, Tahir (29 August 2013). "Potential Use of Azotobacter chroococcum in Crop Production: An Overview". Current Agriculture Research Journal 1 (1): 35–38. doi:10.12944/CARJ.1.1.04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligzóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Azotobacter_chroococcum&oldid=5003043"