Back to the Future Part II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Back to the Future Part II
Ficha técnica
Título orixinalBack to the Future Part II
DirectorRobert Zemeckis
Produtor
  • Neil Canton
  • Bob Gale
GuiónBob Gale
Baseado enHistoria de
  • Robert Zemeckis
  • Bob Gale
IntérpretesMichael J. Fox
Christopher Lloyd
Thomas F. Wilson
Lea Thompson
Elisabeth Shue
MúsicaAlan Silvestri
FotografíaDean Cundey
MontaxeHarry Keramidas
Arthur Schmidt
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1989
Duración108 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento40 000 000 de dólares[3]
Recadación331 950 002 de dólares[3]
Filme anteriorBack to the Future
Filme seguinteBack to the Future Part III

Back to the Future Part II é un filme estadounidense dirixido por Robert Zemeckis que foi estreado en 1989. Segunda parte da triloxía precedida por Back to the Future e seguida en Back to the Future Part III.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aínda que a Marty McFly aínda lle falte tempo para asimilar o feito de estar vivindo dentro da familia perfecta grazas á súa anterior viaxe no tempo, o seu amigo Doc aparece de improviso coa máquina do tempo (moito máis modernizada), e insta a que lle acompañen el e súa moza a viaxar ó futuro para solucionar un problema coa lei que terá un dos seus futuros fillos. Na tremenda voráxine futurista do Hill Valley de 2015, a presenza de tales viaxeiros temporais causará un efecto maior que o que ían arranxar. Un almanaque deportivo e a posesión do segredo da existencia da máquina do tempo por parte do sempre vilán Biff Tannen, serán os ingredientes que conxugarán unha causa-efecto no pasado, no presente e no propio futuro, que fará que Marty e Doc se teñan que empregar a fondo para poñer fin ás catástrofes.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Michael J. Fox como Marty McFly/Marty McFly Jr./Marlene McFly
  • Christopher Lloyd como Dr. Emmett Brown
  • Thomas F. Wilson como Biff Tannen/Griff Tannen
  • Lea Thompson como Lorraine Baines-McFly
  • Elisabeth Shue como Jennifer Parker
  • James Tolkan como Mr. Strickland
  • Jeffrey Weissman como George McFly
  • Flea como Douglas J. Needles

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 1989: Nomeada ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 AFI Catalog of Feature Films (ed.). "Back to the Future Part II". Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  2. "Back To The Future Part II (PG)". British Board of Film Classification. 22 de novembro de 1989. Consultado o 21 de xuño de 2015. 
  3. 3,03,1 "Back to the Future II (1989)". Box Office Mojo. Consultado o 31 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Back_to_the_Future_Part_II&oldid=5056252"