Baix Maestrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baix Maestrat
Localización
Mapa do Baix Maestrat Localización do Baix Maestrat respecto ao País Valenciano
ProvinciaCastelló
Datos
CapitalVinaròs
Cidade máis poboadaVinaròs
Poboación83.971 hab.(2008)
Superficie1221,40 km²
Densidade68,75 hab./km²
Nº de concellos18
Lingua propiaValenciano

O Baix Maestrat é unha comarca situada no norte da provincia de Castelló, no País Valenciano, no límite con Aragón e Cataluña. A súa capital é Vinaròs.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase no extremo nororiental da comunidade, na costa mediterránea. Limita ao norte coas comarcas do Matarranya (provincia de Teruel) e o Montsià (provincia de Tarragona), ao oeste co Alt Maestrat e Els Ports, ao sur coa Plana Alta e ao leste co mar Mediterráneo.

Concellos[editar | editar a fonte]

  • Alcalà de Xivert
  • Benicarló
  • Càlig
  • Canet lo Roig
  • Castell de Cabres
  • Cervera del Maestrat
  • La Jana
  • Peníscola
  • La Pobla de Benifassà
  • Rossell
  • La Salzadella
  • Sant Jordi
  • Sant Mateu
  • Sant Rafel del Maestrat
  • Santa Magdalena de Polpís
  • Traiguera
  • Vinaròs
  • Xert

Economía[editar | editar a fonte]

As actividades tradicionais son, entre outras, a agricultura (cítricos, oliveiras, alcachofas) e a pesca. A alcachofa de Benicarló ten denominación de orixe. Dende finais do século XX, o turismo converteuse nun motor económico importante para a comarca.

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua predominante na comarca é o valenciano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Baix_Maestrat&oldid=4789762"