Banco de La Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antiga sede do Banco de La Coruña na Coruña.

O Banco de La Coruña, fundado en 1857, foi un banco galego.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1958),[1] abriu a súas portas o 1 de xullo de 1859.[2]

Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que pui

dese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.

O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego.[3] De novo, volverá a aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5 000 000 de pesetas.[3] En 1934 era o 34º banco español. [4]En 1970, foi absorbido polo Banco de Bilbao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Facal (2016), p. 381
  2. Facal (2016), p. 382
  3. 3,03,1 Mirás (2007), p.106
  4. Mirás (2007), p. 110

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Facal, Mª Jesús (2016). "El banco de La Coruña (1857-1874)". En Sudriá Triay, Carles; Blasco-Martel, Yolanda. La pluralidad de emisión en España, 1844-1874. Biblioteca Nueva S.L. pp. 380–402. ISBN 978-84-92937-63-9. 
  • Mirás Araujo, Jesús (2007). Continuidad y cambio en la España urbana en el período de entreguerras. Análisis de una ciudad española. Oleiros (A Coruña): Netbiblo. ISBN 978-84-9745-007-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Banco_de_La_Coruña&oldid=4755306"