Bandeira da Illa de Pascua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira da Illa de Pascua
Bandeira da Illa de Pascua
Características
Uso
Proporción5:8
Adopción9 de maio de 2006
Cores     Branco     Vermello

A bandeira da Illa de Pascua (tamén coñecida como Rapa Nui) foi adoptado en 9 de maio de 2006. É unha bandeira branca cun reimiro vermello (un ornamento pectoral de madeira que outrora era empregado polo pobo rapanui) no centro.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O reimiro é un adorno pectoral feito en madeira de toromiro, símbolo de consanguinidade e autoridade, que empregaban os xefes tribais ou arikis durante cerimonias relixiosas. Consiste nunha figura en forma de cuarto crecente en cuxos extremos sobresaen dúas facianas humanas que se miran fronte a fronte.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Unha primera versión da bandeira empregouse entre 1876 e 1888. Sobre fondo branco, figuraban o adorno reimiro en vermello, símbolo do mana ou poder,[3] e catro figuras antropomorfas en negro que representaban cada unha a un tangata manu (‘hombre-paxaro’), símbolo dun antigo cerimonial isleño, nos costados.

Logo da anexión da illa a Chile en 1888, instaurouse o uso da bandeira de Chile como o único oficial. Porén, os isleños continuaron a empregar o emblema local,[2][4] o que foi recoñecido pola autoridade nacional trala «Lei Indíxena» en 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "@Rapa Nui people (Chile)". Crwflags.com. 30 de abril de 2016. Consultado o 4 de xuño de 2016. 
  2. 2,02,1 Tracchia, Gustav (2011). "The Reimiro Flag of Easter Island" (en inglés). www.nava.org. Arquivado dende o orixinal (HTM) o 23 de agosto de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2011. 
  3. Hotu Salinas, Julio (6 de setembro de de 2011). "Campaña promueve uso de banderas de pueblos originarios: Sepa qué significan - ¿Qué significan las banderas de los pueblos? - Te Reva Reimiro "Bandera de Rapa Nui"". El Ciudadano (www.elciudadano.cl). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2011. Consultado o 30 de outubro de 2011. 
  4. Martins, António (2006). "Rapa Nui people (Chile):" (HTML) (en inglés). www.fotw.net. Consultado o 28 de outubro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bandeira_da_Illa_de_Pascua&oldid=4918333"