Bandeira de Macedonia do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Macedonia do Norte
Bandeira de Macedonia do Norte
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción5 de outubro de 1995
Cores     Vermello     Amarelo

A bandeira de Macedonia do Norte é un pano de color vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara aos bordos.

O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.

Versión anterior[editar | editar a fonte]

En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991, cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o sol de Verxina. O sol (ou estrela) de Verxina é o elemento central da rexión grega do mesmo nome en bandeiras non oficiais, representacións gráficas etc. e a súa adopción por parte de Macedonia do Norte como símbolo nacional xerou protestas en Grecia.

Deseño[editar | editar a fonte]

A proporción da bandeira é 1:2 (alto/ancho), con dúas cores:

Sistema Vermello Amarelo
RGB 210-0-0 255-230-0
Hex #D20000 #FFE600
Construción da bandeira.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bandeira_de_Macedonia_do_Norte&oldid=5075568"