Bandeira de Mongolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Mongolia
Bandeira de Mongolia
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción12 de xaneiro de 1992 0-212-249
Cores     Vermello     Azul     Amarelo

A bandeira de Mongolia actual foi adoptada o 12 de febreiro de 1992. É semellante á bandeira de 1949, a excepción da eliminación da estrela socialista.

Deseño[editar | editar a fonte]

Está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño. A banda do centro é de cor azul celeste e as dúas bandas laterais de cor vermella. Centrado na banda vermella do lado do mastro e en amarelo atópase o símbolo nacional, o Soyombo, un conxunto de representacións abstractas cunha disposición en columna que inclúe a representación do lume, o sol, a lúa, a terra, a auga e o símbolo do yin e yang. A proporción da bandeira en relación ao seu alto e lonxitude é de 1:2.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bandeira_de_Mongolia&oldid=4626534"