Barricada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barricada polonesa.

Unha barricada é un parapeto improvisado que se fai con barricas, carruaxes volcadas, paus, pedras etc. Serve para entorpecer o paso ao adversario e é máis empregada nas revoltas populares que na arte militar.

O seu uso remóntase ao parecer a 1588 en París, coa célebre Xornada das barricadas. Posteriormente, recorreuse a elas:

  • na propia capital francesa en 1648 para derrubar a Mazarino
  • en 1830, para facer fronte ás tropas de Carlos X
  • nas bullangas de 1832 e 1834
  • nas xornadas de febreiro e xuño de 1848 na época da Commune.

En España, erguéronse barricadas en moitas ocasións, especialmente en Madrid en 1854, coa insurrección de Vicálvaro, en 1856 e en 1866. En Barcelona, as de 1856 e en Valencia, Cádiz, Sevilla etc as que se ergueron durante o período revolucionario.

Notas[editar | editar a fonte]

Este artigo contén material do dicionario enciclopédico popular ilustrado Salvat dos anos 1906 a 1914 que se encontra no dominio público.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Barricada&oldid=5041406"