Barro, Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barro
Barro.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloBarro
Poboación612 hab. (2016)
Entidades de poboación7

San Breixo de Barro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barro. Segundo o INE de 2016 tiña 612 habitantes (312 mulleres e 300 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha perda en relación ao ano 2004 cando tiña 644 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Breixo está situada en Cangrallo. Ten planta rectangular, co corpo posterior máis elevado. O campanario central ten dous corpos, con base mensulada e cúpula octogonal nervada.

O peto de ánimas de Porráns é aberto, sen protección. de pedra, tiña un retablo policromado, pero na actualidade só conserva restos de cor ocre. O caixón de esmolas tamén desapareceu, quedando só o oco. Preside o conxunto unha figura de Cristo acompañado de San Francisco á dereita e da Virxe do Carme á esquerda. Suxéitaos unha corda, á cal se acollen cinco almas para librarse do lume que as atormenta.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barro no concello de Barro (Pontevedra)

A Maquieira | A Seca | Barro | Búa | Cangrallo | Costenla | Mane | Monllo | O Curuto | O Pazo | Os Caldos | Porráns

Parroquias de Barro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro

Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Barro,_Barro&oldid=4436321"