Basilicata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Basilicata
Bandeira de
Escudo de
BandeiraEscudo
Basilicata in Italy.svg
EstadoItalia Italia
CapitalPotenza
 • Poboación68 636 (2008)
Lingua oficialItaliano
Forma de gobernoRexión
Presidente
Vito De Filippo (PD)
Reino de Italia1860
SuperficiePosto 14º
 • Total9 992 km²
PoboaciónPosto 18º
 • Total590 748 hab.
 • Densidade59,1 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.it
Código ISOn/d
Centro de Potenza, capital da Basilicata.

Basilicata, tamén chamada Lucania, é unha rexión da Italia meridional con preto de 600 000 habitantes. A capital da rexión é Potenza. Basilicata limita ao sueste co mar Xónico (Golfo de Taranto), ao leste coa Puglia, ao oeste coa Campania, ao suroeste co mar Tirreno e ao sur coa Calabria. As cidades principais son Potenza, e Matera (capital da súa provincia), Pisticci, Melfi e Policoro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O territorio de Basilicata é sobre todo montañoso (46,8%). O cumios principais do Apenino Lucano son: Pollino (2248 m), Sirino (2007 m), Papa (2000 m), Volturino (1836 m) e Serranetta (1472 m). Na área norteoccidental da rexión áchase un volcán inactivo, o monte Vulture. Os outeiros ocupan o 45,13% e as chairas só o 1,8%, e entre elas a maior é a chaira de Metaponto que ocupa a parte meridional da rexión, ao longo da costa xónica. Os ríos lucanos son torrenteiras, entre a que destaca o Bradano, o Basento, o Agri, o Sinni e o Cavone. Entre os lagos e encoros, o de Monticchio ten orixe volcánica, mentres que os de Pietra del Pertusillo, San Giulano e Monte Cotugno son artificiais, construídos para consumo humano e regadíos. As costas do litoral xónico son baixas e areosas, mentres as do litoral tirrénico son altas e rochosas. O clima é de tipo mediterráneo nas costas e continental nas zonas de montaña.

Poboación[editar | editar a fonte]

Mapa das provincias lucanas

A Basilicata divídese en dúas provincias: Potenza e Matera. Os principais núcleos de poboación da Basilicata son:

Posición Concello Poboación
Potenza 68 252
Matera 59 738
Pisticci (Mt) 17 810
Melfi (Pz) 17 191
Policoro (Mt) 15 653
Lavello (Pz) 13 672
Lauria (Pz) 13 561
Rionero in Vulture (Pz) 13 413
Bernalda (Mt) 12 183
10° Venosa (Pz) 12 093
11° Avigliano(Pz) 12 055
12° Montescaglioso (Mt) 10 043
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Basilicata&oldid=4373703"