Basilio Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Basilio Losada
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Nacemento 20 de xuño de 1930 (88 anos)
Lugar Pobra de San Xiao, Láncara, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación profesor, tradutor e crítico literario
Premios Creu de Sant Jordi, Medalla Castelao e Premio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traduce ao castelán e ao galego, e é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro ou Pere Gimferrer.

Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela A peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto.

En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por Memorial do convento, de Saramago. recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Catalunya; a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega[1]. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País.[2]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
Narrativa
Edicións
  • Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.[3]
  • Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.[4]
  • Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
Traducións
  • Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego.
  • Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara.
  • O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara.
  • Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara.
  • O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara.
  • Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara.
  • Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.
Obras colectivas
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Edicións do Castro.
  • Galicia: nai e señora, 2002, Nigra.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
Homenaxes
  • Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
Obras colectivas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Basilio Losada, académico de honra", RAG, 13 de marzo de 2015.
  2. "Basilio Losada: premio Ramón Piñeiro e novo membro de honra da RAG", Sermos Galiza, 2 de outubro de 2015.
  3. Imaxe da portada de Manuel María. Antología poética. Escolma poética.
  4. Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Basilio_Losada&oldid=4683800"