Batalla de Benevento (-214)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Batalla de Benevento (-214)
Parte de Segunda guerra púnica
Second Punic War full-es.svg
Mapa que ilustra as campañas da segunda guerra púnica
Data 214 a. C.
Lugar Benevento, Campania, Italia
Resultado Vitoria romana
Belixerantes
Carthage standard.svg República cartaxinesa Vexilloid of the Roman Empire.svg República romana
Líderes
Hannón o Vello Tiberio Sempronio Graco
Forzas en combate
17 000 infantes,
1200 xinetes
18 000 escravos voluntarios
Baixas
16 500 4 000

A batalla de Benevento librouse en 214 a. C. cerca da moderna cidade de Benevento (capital da homónima, na Campania, Italia) durante a segunda guerra púnica. As lexións romanas baixo as ordes de Tiberio Sempronio Graco derrotaron ás forzas cartaxinesas]] de Hannón o Vello, imposibilitando que chegaran os reforzos de Aníbal. Coa derrota dos reforzos enviados desde Cartago, Aníbal veríase obrigado a enfrontarse novamente aos romanos.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os novos cónsules, Quinto Fabio Máximo e Marco Claudio Marcelo do 214 a. C., presentaron ao Senado unha relación sobre a situación da guerra, a consistencia das forzas militares, e o despregamento das tropas. Como resultado, decretouse continuar a guerra con 18 lexiónes completas, recrutando seis novas.[1] En vista destes preparativos, os habitantes de Capua, cheos de medo, enviaron embaixadores a Aníbal para pedirlle que volvese á cidade. O cartaxinés pensou que debía darse présa e dirixiuse cara ao lago do Averno, co pretexto de facer un sacrificio, pero coa intención de atacar a gornición romana de Puteoli.[2]

Cando Fabio se enterou do movemento de Aníbal, marchou día e noite para reunirse co seu exército. Enviou un despacho a Tiberio Sempronio Graco para que trasladase as súas tropas de Luceria a Beneventum, e ao seu fillo, o pretor Quinto Fabio Máximo, ordeoulle partir cara a Puglia para substituír a Graco.

Mientres o cónsul Fabio Máximo llegaba a Casilinum, preparado para asaltala, agora que estaba ocupada por unha gornición cartaxinesa, chegaron á vez a Beneventum o comandante cartaxinés Hannón, procedente de Brucia, e o procónsul Tiberio Graco. de Lucera.[3]

A batalla[editar | editar a fonte]

Ao día seguinte, á alba, Graco conduciu ás súas tropas e as dispuxo sobre o campo de batalla.[4] O continxente inimigo, tamén presto para enfrontarse aos romanos, estaba composto por 17 000 infantes, na súa maioría brucios e lucanos, e 1 200 cabaleiros númidas e maurii.[5]

A batalla foi longa e feroz. Durante catro horas o resultado foi incerto, tanto nos choques da infantería, como nos da cabalaría, até que os cartaxineses fraquearon e fuxiron ao seu campamento. Os romanos persiguíronos e fixeron un masacre, impedíndolles a fuga.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tito Livio Ab urbe condita libri XXIV, 11.1-4
  2. Tito Livio Obra citada XXIV, 12.4
  3. Tito Livio Obra citada XXIV, 14.1
  4. Tito Livio Obra citada XXIV, 15.1
  5. Tito Livio Obra citada XXIV, 15.2
  6. Tito Livio Obra citada XXIV, 16.2-3
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Batalla_de_Benevento_(-214)&oldid=4459040"