Begoña Bas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Begoña Bas López")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Begoña Bas
Nome completoBegoña Bas López
Nacemento4 de maio de 1953
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

María Begoña Bas López, nada en Vigo o 4 de maio de 1953, é unha profesora e etnógrafa galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do habitat rural galego, 1978.
  • Construcións populares galegas, 1980.
  • As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983.
  • Os petos de ánimas en Ourense, 1985.
  • Camiños, pasos e pontes, 1989.
  • Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991.
  • Os muíños, 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Begoña_Bas&oldid=4648217"