Ben Nevis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 56°47′49″N 5°00′13″O / 56.79694, -5.00361

Ben Nevis dende Banavie.

Ben Nevis (en gaélico escocés: Beinn Nibheis) é a máis alta montaña das Illas Británicas. Cunha altura de 1344m sobre o nivel do mar, está localizada na parte occidental dos Montes Grampianos, na área de Lochaber das Highlands, preto da vila de Fort William.

A montaña é un popular destino turístico que atrae a unhas 100.000 persoas cada ano,[1] das cales tres cuartos empregan o Pony Track dende Glen Nevis.[2] Os cantís de 700m da cara norte están entre os máis altos do Reino Unido, e proporcionan escaladas de diferentes dificultades para escaladores e montañeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Muir Trust. "Ben Nevis owned by the John Muir Trust". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2006. Consultado o 5 de novembro de 2006. 
  2. The Nevis Working Party (2001). "Nevis Strategy" (PDF). Arquivado (PDF) dende o orixinal o 4 November 2006. Consultado o 5 de novembro de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ben_Nevis&oldid=3767426"