Benedicta Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benedicta Sánchez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento1935
 O Corgo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A mestra de Manán de Abaixo (San Cosme de Manán), Elisa Polanco, levouna para a súa casa en Lugo, para que puidera completar os seus estudos. Casou aos 17 anos cun mozo de Pol e marcharon vivir alí. Aos 25 anos marchou co seu home ao Brasil. En Río de Xaneiro traballou nunha casa, nun bar, nunha librería e foi fotógrafa. Separouse do home e tivo unha filla. Retornou a España coa filla e instalouse en Valencia. Logo volveu ó Corgo. É a protagonista da película O que arde de Óliver Laxe.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019 foille concedida a medalla Castelao.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benedicta_Sánchez&oldid=5173692"