Benigno Fernández Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benigno Fernández Salgado
Benigno Fernández (recortada).jpg
Benigno Fernández no 2014.
Nacemento 1962
Lugar Ferreiravella, Riotorto, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Fillos Hadrián Fernández Eiros
Estudos Filoloxía
Premios Ramón Cabanillas de Tradución
editar datos en Wikidata ]

Benigno Fernández Salgado, nado en Ferreiravella (Riotorto) en 1962, é un escritor, profesor e tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1985) e Doutor en Filosofía pola Universidade de Oxford (1996). Foi asesor lingüístico da TVG (1985-88) e lector nas universidades de Birmingham (1989-91) e Oxford (1991-94). É profesor nas Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, onde imparte as materias de Lingua Galega e Linguaxe Publicitaria nos Graos en Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas e en Educación Primaria e Infantil. Compilou o Dicionario Elemental Galego-Inglés Inglés-Galego da Editorial Xerais e coordinou o Dicionario de Dúbidas e o Dicionario de Usos e Dificultades para a Editorial Galaxia.

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • A perla, Editorial Galaxia, Vigo, 2012, 100 páxinas, de John Steinbeck.
  • Diario de Eva, Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 1992, 112 páxinas, de Mark Twain (Premio Ramón Cabanillas de Tradución).
  • A morte das linguas, con Mariña Castro Eiroa, Editorial Galaxia, Vigo, 2003, 268 páxinas, de David Crystal.
  • Linguaxe. Introdución ó estudo da fala, Universidade de Santiago de Compostela, 2010, 390 páxinas, de Edward Sapir.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artigo "FERNÁNDEZ SALGADO, Benigno" da GEG.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benigno_Fernández_Salgado&oldid=4834932"