Benito Amor Labrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benito Amor Labrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Benito Amor Labrada foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de Revista de Galicia (1841) e El Emancipador Gallego (1842). Colaborou en El Correo de Lugo cunha serie de artigos titulados "Foros y censos de Galicia" e en Galicia. Revista Universal de este Reino. Foi elixido alcalde de Santiago de Compostela para o período 1865-1866. Porén, o Subgobernador civil, Narciso Zepedano Carnero, cesouno e substituíuno por Andrés Bermúdez Torreira o 4 de setembro de 1865. Foi reposto no cargo o 1 de agosto de 1866, asumindo desde esa mesma data tamén o cargo de Subgobernador civil da cidade en comisión. O 1 de xaneiro de 1867 tomou posesión o novo Concello.


Predecesor:
Hilario Rioja
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1865
Sucesor:
Andrés Bermúdez Torreira
Predecesor:
Andrés Bermúdez Torreira
 Escudo de Santiago de Compostela.svg
Alcalde de Santiago
 
1866
Sucesor:
??

Obras[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benito_Amor_Labrada&oldid=4835692"