Benito Fernández Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Benito Fernández Alonso
Benito Fernández Alonso.jpg
Nacemento 31 de marzo de 1848
Lugar Asperelo, Galicia Galicia
Falecemento 9 de maio de 1922 (74 anos)
Lugar Ourense, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación escritor e político
Xéneros Historia
Sinatura Benito Fernández Alonso.jpg
editar datos en Wikidata ]

Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo, parroquia de Galez (Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922,[1] foi un político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario conciliar de Ourense entre 1862 e 1867. Deixou a carreira sacerdotal para exercer de profesor en San Paio de Arauxo un ano, e posteriormente abriu unha tenda de panos na praza maior de Ourense. Dende 1883 a 1912 foi concelleiro no concello de Ourense e deputado provincial polo distrito de O Barco-Viana na Deputación de Ourense, nas filas conservadoras.

Como escritor ocupouse preferentemente de temas históricos colaborando en El Heraldo Gallego, O Tio Marcos d'a Portela e La Ilustración Gallega y Asturiana; froito dos seus traballos naceu o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense que comezou a editarse en 1898. Tamén colaborou en La Tierra Gallega, Álbum Literario (onde escribiu a serie "El dialecto gallego"), Vida Gallega, La Tertulia, Mi Tierra, Galicia Diplomática, Galicia Ilustrada, Galicia Literaria e La Centuria. Foi cronista da cidade de Ourense, membro da Real Academia da Historia, da de Belas Artes e Ciencias Históricas de Toledo e das Boas Letras de Barcelona, así como cofundador da Real Academia Galega.

El Río Límia y sus contornos

Obras[editar | editar a fonte]

  • El río Limia y sus contornos, Imprenta de la Propaganda Gallega, Ourense, 1879.
  • Armas de Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1891.
  • Guerra Hispano-Lusitana. Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1893.
  • El pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense, Imprenta el Derecho, Ourense, 1897.
  • Los judios en Orense, Imprenta de Antonio Otero, Ourense, 1904.
  • Orensanos Ilustres, Diputación Provincial de Orense, 1916.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernández Alonso, Bieito" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 50.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Benito_Fernández_Alonso&oldid=4643248"