Berce da civilización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa de Mesopotamia.

O termo berce da civilización refírese a localizacións onde, segundo os datos arqueolóxicos, puido ter xurdido a civilización. O pensamento actual é que non houbo un único berce, senón varias civilizacións que se desenvolveron independentemente, co Crecente Fértil (Mesopotamia e Antigo Exipto) considerados os máis antigos.[1] Outras civilizacións xurdiron en Asia entre as diferentes culturas que poboaban os vales dos ríos, como na chaira indoganxética do subcontinente indio[2][3] e no río Amarelo da China.[4] O alcance e a influencia destas primeiras civilizacións en Oriente Próximo e Asia Oriental está en disputa. Os estudosos concordan que as civilizacións de Mesoamérica, principalmente no actual México, e civilización de Caral no actual Perú xurdiron independentemente das de Eurasia.[5]

Os estudosos definiron diversos criterios propios das civilizacións, como o uso da escrita, as cidades, as sociedades de clases, a agricultura, os edificios públicos, a metalurxia e a arquitectura monumental.[6][7] O termo berce da civilización foi empregado en gran variedade de culturas e áreas, en particular a Idade do Cobre do Antiguo Oriente Próximo, o Crecente Fértil, a Antiga India e a Antiga China. Tamén foi aplicado para Anatolia, o Levante mediterráneo e Irán.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charles Keith Maisels (1993). The Near East: Archaeology in the "Cradle of Civilization. Routledge. ISBN 0-415-04742-0. 
  2. Thorpe, Showick Thorpe Edgar (2009). The Pearson General Studies Manual 2009, 1/e. Pearson Education India. 
  3. "Indus River Valley Civilizations". History-world.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  4. Cradles of Civilization-China: Ancient Culture, Modern Land, Robert E. Murowchick, gen. ed. Norman: University of Oklahoma Press, 1994
  5. Mann, Charles C. (2005). 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus. Vintage Books. pp. 199–212. ISBN 1-4000-3205-9. 
  6. Haviland, William (2013). Cultural Anthropology: The Human Challenge. Cengage Learning. p. 250. 
  7. Understanding Early Civilizations: A Comparative Study, Trigger, Bruce G., Cambridge University Press, 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Samuel Noah Kramer (1959). Anchor Paperback. Doubleday Anchor Books. 
  • Samuel Noah Kramer (1969). Cradle of Civilization. Little Brown & Co. ISBN 0-316-32617-8. 
  • Georg Feuerstein (2001). In Search of the Cradle of Civilization. Quest Books. ISBN 0-8356-0741-0. 
  • Ethel Hofflund (2001). The Cradle of Civilization (Lifepac History & Geography Grade 6). Alpha Omega Publications. ISBN 0-86717-552-4. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Berce_da_civilización&oldid=5146056"