Bermudas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Territorio Británico de Ultramar das Bermudas | |||
---|---|---|---|
British Overseas Territory of Bermuda | |||
| |||
Lema: Quo Fata Ferunt (Latín: Para onde o destino leve) | |||
Capital • Poboación | Hamilton 1 010 (2010) | ||
Cidade máis poboada | Hamilton | ||
Linguas oficiais | Inglés | ||
Forma de goberno | Territorio de Ultramar | ||
Isabel II John Rankin E. David Burt | |||
Dependencia do Reino Unido | 1609 | ||
Superficie | Posto 230º | ||
• Total | 53,2 km² | ||
• % auga | 27 | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 103 km | ||
Poboación | Posto 209º | ||
• Total (2010) | 64 237 hab. | ||
• Densidade | 1,275 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
PIB (PPA) | Posto 149º | ||
• Total (2009) | 5,47 billóns US$ | ||
• per cápita | 84 381 US$ | ||
Moeda | Dólar bermudano ($, BMD ) | ||
Xentilicio | Bermudano, bermudana[1] | ||
Fuso horario | PST (UTC-3) | ||
• Horario de verán | PST (UTC-4) | ||
Dominio de Internet | .bm | ||
Prefixo telefónico | +1-441 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 060 / BMU / BM | ||
Membro de: CARICOM | |||
As illas Bermudas[1][2] (en inglés: Bermuda) son un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forman parte do Territorio Británico de Ultramar. A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Descubertas polo español Juan de Bermúdez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.
A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación se desenvolveron, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.
Durante a Segunda Guerra Mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no Océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arrendamento co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arrendamento durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas nas Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5,8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu anexo se achaba ao final occidental da illa no Gran Fondeadoiro.
Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno das Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.
Goberno e Política[editar | editar a fonte]
Poder Executivo: A autoridade máxima é a Xefa de Estado, a raíña Isabel II do Reino Unido, representada nas Bermudas polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.
Poder Lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.
Poder Xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.
Partidos Políticos:
- Partido Ambientalista (AP)
- Partido Laborista Progresista (PLP)
- Partido Nacional Liberal
Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía das Bermudas.
Demografía[editar | editar a fonte]
54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses (10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.
Cultura[editar | editar a fonte]
Data | Nome en galego | Nome local |
---|---|---|
1 de xaneiro | Ano Novo | New Year's Day |
24 de maio | Día das Bermudas | Bermuda Day |
2º luns de xuño | Aniversario da Raíña | Queen's Birthday |
Xoves antes o 1º luns en agosto | Día da Emancipación | Emancipation Day |
Venres antes do 1º luns de anosto | Somer's Day | |
1º luns de setembro | Día do traballo | Labour Day |
11 de novembro | Día do Recordo | Remembrance Day |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day |
26 de decembro | Boxing Day |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,01,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bermudano.
- ↑ "Definición de bermudano en digalego.xunta.gal". Consultado o 22 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bermudas ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
|