Bernardino Graña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Bernardino Graña Villar")
Bernardino Graña
Nome completo Bernardino Graña Villar
Nacemento 27 de setembro de 1932
Lugar Cangas
Nacionalidade España
Ocupación escritor
editar datos en Wikidata ]

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de lingua e literatura na educación secundaria en diversos destinos, entre eles Onda, Reus, Guadix, Zaragoza, Padrón e Sarria e Cangas, até a súa xubilación en 1991. Desde moi mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche e Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), entidade da que foi nomeado socio de honra no 1996. O 12 de xuño de 2010 entrou a formar parte da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poema do home que quixo vivir (1958, Brais Pinto, Madrid).
  • Profecía do mar (1966, Galaxia).
  • Non vexo Vigo nin Cangas (1975, Xistral).
  • Se o noso amor e os peixes... (1980, Xerais).
  • Sima-cima do voar tolo (1984, Algalia).
  • Himno verde (1992, Espiral Maior).
  • Ardentía: obra poética completa (1995, Espiral Maior).
  • Luz de novembro (1997, Espiral Maior).
  • Sen sombra e sen amor (2004, Galaxia).
  • Acendede as almenaras (2008, Xerais).
  • Ser auga, darse en auga (2011, PEN Clube de Galicia).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Vinte mil pesos crime (1962, Galaxia).
  • Sinfarín contra don Perfeuto (1975, separata de Grial).
  • Os burros que comen ouro nunca cabalos serán (1992, Sotelo Blanco).

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O león e o paxaro rebelde (1969, Galaxia).
  • Planeta dos ratos tolos (1990, Ediciones S. M.).
  • Xan Guindán, capitán (1991, Xerais).
  • Namoro de lobo Pipo na escola de don Perico (1992, Sotelo Blanco).
  • Oso mimoso (1992, Xerais).
  • Cristo e San Pedro; Peregrinos: contos populares de Galicia (1994, Xerais).
  • O gaiteiro e o Rato Pérez (1994, Xerais).
  • Rata linda de Compostela (1994, Xerais).
  • Xan Guindán, mensaxeiro (1994, Obradoiro).
  • Contra o león covarde (1995, Edicións do Cumio).
  • O lobo e o grilo (1995, Sotelo Blanco).
  • Son un pasmón peatón (1995, A. C. Monte Branco).
  • Xan Guindán e os Salvaxes (1995, Obradoiro).
  • Cantigas de Santa María (1996, Xerais).
  • O quirico lambón (1997, Xerais).
  • O gaiteiro e o ratiño (1999, Xunta de Galicia).
  • No castelo de Marbel (2009, A Nosa Terra).
  • Un porco con chapeu (2009, A Nosa Terra).
  • Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010, Edicións Embora).
  • Curros Enríquez e os gansos (2011, Morgante).
  • Tragaxán e Tragadiño (2016, Galaxia).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Fins do mundo (1974, Brais Pinto. 2ª edición de 1989, Xerais).
  • Protoevanxeo do Neto de Herodes (2005, La Voz de Galicia, e 2006, Xerais).
  • Carmela e os ladróns (2010, Morgante).
  • ¡Medre o mar! (2013, Morgante).
  • A fuga a Exipto (2016, Galaxia).
  • O neno mariñeiro (2017, Xerais).

Libros de conversas co autor[editar | editar a fonte]

  • Conversas con Bernardino Graña, de Rafael Fernández Lorenzo e Héitor Mera (2005, Xerais).

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Homenaxe a Luís Seoane (1977).
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978, Edicións do Castro).
  • I Festival de Poesía no Condado (1981, S. C. D. Condado).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1990, S. C. D. Condado).
  • XI Festival da Poesia no Condado (1991, S. C. D. Condado).
  • Os monos contra os paxaros (1992, Xunta de Galicia).
  • XIII Festival da Poesia no Condado (1993, S. C. D. Condado).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
  • Relato contemporáneo (1995, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003, Edicións do Cumio).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xela Arias, quedas en nós (2004, Xerais).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
  • Vinte cantigas de escarnio e maldicir (2009, Morgante). Edición literaria con Alexandre Ripoll Anta.
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Berros no roncar das ondas (2012, ArTeu). Poemas en diálogo con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Se as aves insistisen na ledicia. A obra de Bernardino Graña, de Antonia López García, 2002, Laiovento.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Bernardino, mariñeiro do verbo, de Héitor Mera, 2012, Morgante.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por O león e o paxaro rebelde.
  • Premio Abrente no 1969, por Os burros que comen ouro nunca cabalos serán.
  • Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago no 1978, por Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen.
  • Premio Merlín no 1993, por O gaiteiro e o Rato Pérez.
  • Pedrón de Ouro en 1999.
  • Gañador da segunda edición do Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa no 2003, por Protoevanxeo do neto de Herodes.
  • Premio PEN Voz de Liberdade no 2003.
  • Premio Estornela de teatro no 2008, por Larpancia saborosa do lobo e a raposa.
  • Premio Brais Pinto no 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Videos externos
Galicia letra a letra
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bernardino_Graña&oldid=4572910"