Bernardo Bermúdez Jambrina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bernardo Bermúdez Jambrina
Bernardo Bermúdez Jambrina.jpg
Nacemento1887
 A Coruña
Falecemento6 de marzo de 1918
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado na Coruña en 1887 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918[1][2], foi un actor e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Críouse na Coruña, onde se iniciou como actor. Participou na Escuela Regional de Declamación, da que foi director artístico até 1905. Nese ano declamou o monólogo La Huega, orixinal de Galo Salinas, nun teatro da Coruña. Despois pasou a formar parte da compañía de Enrique Borrás coa que fixo unha xira por América. Chegou a ser memorable en América. O 18 de outubro de 1908 foi homenaxeado pola colonia galega da Habana. Regresou a España en 1917. Cando estaba facendo unha xira por Asturias, morreu nun accidente de automóbil nunha viaxe entre Avilés e Castrillón. Escribiu poemas en galego. Colaborou en Coruña Moderna, Eco de Galicia, Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. En 1913 publicou como folleto o poema "Renacimiento". Foi redactor do periódico La Lucha. Ramón Fernández Mato recolleu os seus versos e publicounos en Galicia en 1919.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa actriz Eloísa Muro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bernardo_Bermúdez_Jambrina&oldid=4638485"