Bernardo de Claraval
Bernardo de Claraval | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1090 e 1091 |
Dijon | |
Falecemento | 20 de agosto de 1153 e 1153 |
Abadia de Claraval | |
Causa | doenza gastrointestinal |
Nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | teólogo, escritor, filósofo, relixioso e hymnwriter |
Pai | Tescelin de Fontaine |
Irmáns | Nivard of Clairvaux, Gerard of Clairvaux e Humbelina von Jully-sur-Sarce |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bernard de Fontaine, nado en 1090, en Château de Fontaine-lès-Dijon, preto de Dijon, e finado o 20 de agosto de 1153 na abadía de Claraval (departamento da Aube, en Francia), foi un monxe cisterciense francés e reformista do monacato católico.
Foi abade de Claraval e fundou case 70 mosteiros por Europa, entre eles o de Sobrado dos Monxes. Apoiou ó Papa na cruzada contra os albixenses. Autor da teoría das dúas espadas. Foi canonizado pola igrexa católica no ano 1174 en San Bernardo de Claraval (saint Bernard de Clairvaux).
Índice
Traxectoria [1][editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
Foi o terceiro dos sete fillos dun cabaleiro do duque de Borgoña. Segundo o que el mesmo deixou escrito, parece que na súa primeira mocidade levou unha vida disipada:
Aos 23 anos, en 1113 entrou como novizo na orde do Císter, que ata entón tiña poucos seguidores por mor da súa dureza. Convenceu a 4 irmáns, un tío e varios amigos para que entraran con el. Máis tarde entraría o seu propio pai e o irmán menor. O ano 1113 é un punto de inflexión, xa que logo, na historia da orde cisterciense.
Reforma cisterciense[editar | editar a fonte]
En 1115 fundaba o mosteiro de Claraval, sendo designado abade deste novo mosteiro, cargo que desempeñou ata a súa morte. A dureza da pobreza, xexún e austeridade obrigou a intervir ao bispo e Guillerme de Champeaux, que o obrigou a suavizar o réxime de vida. Durante os dez primeiros anos fundou os mosteiros de Tres Fontanas (1118), Fontanay (1119) e Foigny (1121). Xunto con Claraval "constituirían as catro abadías madre da futura e imparable expansión da renovada e extraordinariamente austera reforma cisterciense"[2]. A partir de aí a súa sona de conselleiro espiritual, predicador, místico, pacificador de conflitos e defensor dos pobres determinou a fundación de ata 68 mosteiros por toda Europa. O císter foi unha crítica aos excesos da Orde de Cluny:
Organizativamente a reforma caracterizábase pola autonomía financeira e a autonomía para a elección democrática do abade. A dependencia directa do Papa non excluía a posible intervención dos bispos. Arquitectonicamente se fuxía da opulencia e a ornamentación e se apostaba pola austeridade e a sobriedade. Escollíanse lugares afastados dos núcleos de poboación o que supuxo a colonización de lugares improdutivos.[3]. Isto tiña moito que ver coa espiritualidade de Bernardo de Claraval:
.
Actividade[editar | editar a fonte]
Bernardo de Claraval viaxou a pe por Francia e Alemaña en cumprimento das diversas misións que asumiu, chegando a ser xa en vida unha figura venerada. Rexeitou todas as dignidades que lle foron propostas malia contar coa amizade de papas e reis [4]
Redactou os estatutos da Orde do Temple para a protección dos peregrinos a Terra Santa e contribuíu ao seu recoñecemento no Concilio de Troyes en 1128. Para os templarios escribiu:
Mantivo controversias fronte ao que consideraba un frío racionalismo por parte de filósofos como Pedro Abelardo.
As súas teses triunfaron no Concilio de Sens (1140). Predicou aos Cátaros no Languedoc onde foi aldraxado(1145). O rebino de Bonn, Ephraim, agradeceríalle á súa defensa dos xudeus fronte o antisemitismo.
A súa mediación evitou a guerra entre o bispo de Metz e o duque de Lorena en 1153.
Relacións co Papado[editar | editar a fonte]
No momento en que apareceron dous Papas en Occidente, Anacleto II e Inocencio II, Bernardo de Claraval emprendeu unha campaña de apoio ao segundo o que foi determinante para que este concitara a maioría das adhesións no concilio de Étampes de 1130.
A súa obra de consideratione, foi unha guía sobre a concepción do Papado, nela Bernardo de Claraval advírtelle ao Papa:
Por orde do Papa Uxío III, que fora discípulo seu, predicou a segunda Cruzada. O seu fracaso afectoulle fondamente.
Pensamento[editar | editar a fonte]
Reformador eclesiástico[editar | editar a fonte]
Bernardo de Claraval tivo como principal cometido a renovación da vida monástica:
Ás autoridades eclesiásticas recomendaba:
Crítico social[editar | editar a fonte]
Dentro do contexto medieval, Bernardo de Claraval fai unha crítica social á xerarquía eclesiástica defendendo aos oprimidos pola sociedade feudal[5]:
Por estas críticas houbo bispos que o intentaron silenciar:
Esa crítica social trasládase tamén ao Papa Uxío III:
Misticismo especulativo[editar | editar a fonte]
Marcou tamén o misticismo medieval. O amor pode obrar unha unión perfecta nunha distinción radical de seres "do mesmo xeito que o aire inundado pola luz do sol semella transformarse nesta mesma claridade luminosa, ata o punto que a consideramos, non xa iluminada, senón luz" [6]. Esta unión entre o home e Deus e entre os homes entre si ten en Bernardo de Claraval as características paradoxais do misticismo. O amor é desinteresado e encontra en si mesmo a recompensa, aínda que Deus recompensa o amor; pero, posto que o amor exclúe intención de recompensa, é contraditorio amar a Deus buscando recompensa e amalo sen ser recompensado. No Tratado do Amor de Deus escribe:
Foi, así mesmo, un conselleiro espiritual afastado do moralismo, así nas Homilías sobre o Cantar dos Cantares LXXXIII:
Filosoficamente entende que a razón ten uns límites que non poden coutar existencialmente ao home, aínda que non se poidan responder a todas as preguntas de xeito argumentativo:
Para Bernardo de Claraval, case sempre as discusións dos filósofos son locuacidade chea de vento (Sermones in cantica) e opta por un cristocentrismo existencial cuxo punto de partida á a humildade mediante a cal se chega ao reino da xustiza e se acada a verdade (De gradibus humiliatis et superbiae)[7]. Para Bernardo de Claraval a humildade pode definirse como aquela virtude pola que o home se coñece exactamente tal cal é, deste xeito chega ao primeiro grao da verdade que é o recoñecemento da propia miseria. Deste primeiro grao pásase ao segundo: o amor, porque recoñecendo a propia miseria se acepta á do próximo e se acada a compaixón. E deste segundo grao se chega ao terceiro que consiste en arelar a xustiza de xeito que se purifica o corazón para contemplar e gozar dos dons divinos.[8]
Isto máis que un proceso intelectivo é unha actitude vital[9]
Significación[editar | editar a fonte]
Inzou Europa de mosteiros, en 1151 existían 350 abadías adheridas á reforma cisterciense. Espallou a arquitectura cisterciense da que existen boas mostras en Galicia (mosteiros de Melón, San Clodio, Armenteira, Oseira, Meira...). Galicia "sentirá o seu influxo benfeitor na colonización de lugares improdutivos e inhabitados, na planificación do labor agrícola, na promoción de servos a colonos de numerosos traballadores en granxas creadas polos mosteiros" [10].
Foi canonizado en 1174 por Alexandre III e declarado doutor da Igrexa en 1830. A súa festa celébrase o 20 de agosto.
É patrón de Xibraltar, Borgoña, Liguria e Xénova, das abellas, os cereiros e os apicultores (por mor do sobrenome de doctor mellifluus)[11]
Obras[editar | editar a fonte]
- Liber de gradibus humilitatis et superbiae
- Apologia ad Guillelmum abbatem
- Liber de diligendo Deo
- Ad clericos de conversione
- Liber de gratia et libero arbitrio
- Liber ad milites templi de laude novae militiae
- De consideratione ad Eugenium Papam
- Liber de praecepto et dispensatione
- Vita sancti Malachiae episcopi
- Ad Henricum senonensem archiepiscopum
- De baptismo (ad magistrum hugonem de Sancto Victore)
- Ad Innocentium Papam (Erros de Pedro Abelardo)
- In laudibus Virginis Matris
- Officium de Sancto Victore
- Sermones cantica canticorum
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Obras Completas de San Bernardo, introdución de Iñaki Aranguren, Madrid 2003. ISBN 978-84-7914-639-9
- ↑ Capítulo IV A reforma cisterciense. San Bernardo de Claraval texto de Franco Taboada, en Igrexas dos mosteiros e conventos de Galicia, Santiago de Compostela, 2009. pax. 16. ISBN 978-84-453-4811-6
- ↑ Franco Taboada, opus cit, pax. 17
- ↑ Schauber/Schlinder. Diccionario ilustrado dos Santos. Munich, 1999; Barcelona, 2001, pax. 72. ISBN 84-253-3565-5
- ↑ González Faus, Los pobres, antología de textos de teología e espiritualidad cristiana,Barcelona, 2005. pax. 94. ISBN 84-9730-110-2.
- ↑ Gilson Etienne, La Filosofía en la Edad Media, Madrid, 2007, pax. 290 ISBN 978-84-249-2861-2
- ↑ Santidrián, Diccionario breve de pensadores cristianos. Estella, 1999 pax. 67. ISBN 84-7151-724-8
- ↑ Gilson, Etienne, La Filosofía en la Edad Media. Madrid, 2007 pax. 289 ISBN 978-84-249-2861-2
- ↑ Jaume Gabarró, San Bernardo, monje y reformador, Barcelona, 1999. ISBN 84-7467-591-X
- ↑ Torres Queiruga, en Los gallegos, Madrid, 1976, pax. 488
- ↑ Schauber/Schlinder. Diccionario ilustrado de los santos. Munich, 1999; Barcelona, 2001 pax. 72 ISBN 84-253-3565-5
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bernardo de Claraval |
|