Berta Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Berta Cáccamo
Nome completo Berta Álvarez Cáccamo
Nacemento 1 de setembro de 1963
  Vigo
Falecemento 11 de maio de 2018
  Coruxo
Nacionalidade España
Ocupación pintora
Pai Xosé María Álvarez Blázquez
Irmáns Xosé María Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Cáccamo e Celso Álvarez Cáccamo
Premios Premio Cultura Galega das Artes Plásticas
editar datos en Wikidata ]

Berta Álvarez Cáccamo, coñecida artisticamente como Berta Cáccamo, nada en Vigo o 1 de setembro de 1963[1] e finada en Coruxo (Vigo) o 11 de maio de 2018,[2] foi unha pintora abstracta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada na familia Álvareez Blázquez, moi relevante no panorama cultural galego da última metade do século XX, en 1986 licenciouse en Belas Artes na Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi de Barcelona. En 1987 recibiu a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia, e en 1990 a bolsa de Creación Artística Banesto en Madrid.

Comezou a expor en 1986, vinculada á corrente renovadora do grupo Atlántica. En 1989 obtivo o premio Cidade de Palma, na Bienal de Pontevedra e no I Certame Unión Fenosa da Coruña. Nese mesmo ano foi vivir a París, tendo unha estancia na Cité Internacional des Arts entre 1990 e 1991. En 1991 foi premiada no II Certame Unión Fenosa.

A súa pintura é abstractiva e conceptual, dentro da non figuración, con amplas manchas de tons axordados e dominio de cores ocres e negras. Hai unha estrutura xeométrica nas súas composicións, deliberadamente elementalizadas, con vagas referencias formais. Adoita usar lenzos de gran tamaño.

Foi profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, centro educativo da Universidade de Vigo, situado no campus de Pontevedra.

A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Pontevedra e en coleccións particulares como a Colección Afundación, o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a da Fundación María José Jove.

En 2017 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, e irmá de Xosé María, Alfonso, e Celso Álvarez Cáccamo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Berta_Cáccamo&oldid=4782141"