Bibiano Fernández Osorio-Tafall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Bibiano Fernández Osorio-Tafall, conferencia en 1935.jpg
Bibiano Fernández Osorio-Tafall nunha conferencia en 1935.
Nome completo Bibiano Fernández Osorio y Tafall
Nacemento 3 de decembro de 1902
  Salcedo, Pontevedra, Galicia Galicia
Falecemento 13 de agosto de 1990 (87 anos)
  Cidade de México, Flag of Mexico.svgMéxico
Nacionalidade México e España
Ocupación Científico e político
Premios Medalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Bibiano Fernández Osorio-Tafall, nado en Salcedo (Pontevedra) o 3 de decembro de 1902 e finado na Cidade de México o 13 de agosto de 1990, foi un científico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ata a guerra civil[editar | editar a fonte]

Listaxe de profesores do instituto de Pontevedra, do curso 1928-29.

Foi doutor en Ciencias Naturais e secretario da Misión Biolóxica de Galicia con Cruz Gallástegui. Membro da ORGA, foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación e deputado nacional en dúas lexislaturas. Presidiu en 1932 a Asemblea de Municipios celebrada en Santiago para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía que se plebiscitou en 1936, tras o seu paro durante dous anos por cuestións políticas. Presidiu o Comité Central de Autonomía. En 1934 foi destituído da alcaldía de Pontevedra e da dirección do Instituto de Pontevedra polo gobernador civil Diego Fernández Gómez no marco dos sucesos da folga xeral revolucionaria de 1934[1][2].

Ossorio-Tafall era secretario da Xunta Nacional de Izquierda Republicana, logo das eleccións de 1936, despois de ser novamente alcalde tras a reposición da corporación saida das eleccións municipáis do 12 de abril de 1931 ocupou as subsecretarías de Traballo e Gobernación, pouco antes da guerra sendo substituído na alcaldía de Pontevedra polo comunista Manuel García Filgueira a súa marcha a Madrid. Posteriormente foi director de Política, o órgano de Izquierda Republicana.

En 1938, durante a guerra civil española, Osorio-Tafall foi nomeado Comisario Xeral do Exército da República Española.

No exilio[editar | editar a fonte]

Coa derrota militar e política, Osorio-Tafall exíliase primeiro a Francia e logo a México, onde foi profesor na Universidade Autónoma de México e do Instituto Politécnico. No 1948 incorporouse á ONU; no 55, foi director da Oficina de Agricultura en Chile, e logo en Indonesia e en Exipto. No 64 estivo á fronte das operacións de pacificación na República Democrática do Congo e en Chipre, neste caso como representante especial plenipotenciario do secretario xeral da ONU. Xubílase como subsecretario xeral da ONU.

Durante a Transición española, o presidente do goberno Adolfo Suárez convidouno a encabezar a primeira Xunta preautonómica, pero el declinou o ofrecemento por falta de apoios[3].


Predecesor:
Manuel Casqueiro Paz
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1931 - 1934
Sucesor:
Ramón Segura de la Garmilla

.

Predecesor:
Tomás Abeigón Pazos
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1936
Sucesor:
Manuel García Filgueira
Predecesor:
Amancio Caamaño Cimadevila
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1931
Sucesor:
Amancio Caamaño Cimadevila

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pontevedra, outubro de 1934 (2)", artigo de Xosé Álvarez Castro no blog Os anos do medo, 13 de xullo de 2012.
  2. "Destitución de Tafall", artigo en Faro de Vigo, 15 de outubro de 2017 (en castelán).
  3. "O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico": Entrevista de Xan Carballa a Xosé Francisco Pardo, A Nosa Terra, 1/7/2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Suspensión de emprego e soldo, separación definitiva do corpo de Bibiano Fernándes Osorio-Tafall

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bibiano_Fernández_Osorio-Tafall&oldid=4832720"