Biblioteca Pública Central de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casa Pedro Román, edificio da Biblioteca Pública Central de Vigo.

A Biblioteca Pública Central de Vigo, tamén coñecida dende 2013 como Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, é unha biblioteca de acceso público na cidade de Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada no ano 1942, cando se constitúe a Biblioteca Popular de Vigo seguindo a orde do Ministerio de Educación Nacional, nun comezo situada na Praza de Compostela ata 1979, cando se traslada á Rúa Romil, ata este entón tiña o nome de Biblioteca Pública Jaime Solá. Neste momento iníciase unha etapa de mellora da biblioteca, crecemento dos fondos, espazo e persoal.

Posteriormente, o Concello merca o Edificio Ferro, rehabilitándoo e inaugurando alí a nova sede en 1995, que pasa a denominarse Biblioteca Pública Central de Vigo ata 2013, cando nun pleno acórdase cambiar o nome polo de Biblioteca Pública Juan Compañel.

Servizos e actividades[editar | editar a fonte]

Centro de documentación e recursos feministas.

A biblioteca pon a disposición dos usuarios unha serie de servizos adicionais, entre os que destacan:

  • Biblioteca Accesible: É froito dun convenio entre o Ministerio de Industria e Turismo e a Xunta de Galicia, co obxectivo de achegar reforzo infraestrutural no tocante á informática e as redes dentro da biblioteca, orientado fundamentalmente a persoas minusválidas.
  • Cesión de espazos: A biblioteca pon a disposición dos usuarios determinadas instalacións para propiciar o intercambio e difusión cultural, constituíndo un espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.
  • Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede): Permite acceder á lectura en formato electrónico mediante o préstamo e acceso a recursos electrónicos, orientada a todo lector con carné de biblioteca de calquera biblioteca que pertenza á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos.
  • Servizo de reprodución de documentos: A través deste servizo os usuarios poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.
  • Servizo de información e referencia: Ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ó lector naa resolución das súas necesidades informativas específicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Biblioteca_Pública_Central_de_Vigo&oldid=5077736"