Bieito Rubido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bieito Rubido
Bieito Rubido en la entrega de los Premios de Periodismo ABC 2017.jpg
Nacemento27 de setembro de 1958
 Cedeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Bieito Rubido Ramonde, nado en Cedeira en 1958, é un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Leopoldo Rubido. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor da Universidade da Coruña, e na actualidade imparte aulas na Universidade Rey Juan Carlos.

Iniciouse na prensa no Diario Informaciones de Madrid a finais da década de 1970. Levou a cabo proxectos de modernización en varias publicacións galegas, e en 1983 pasou á radio a través de Antena 3 Radio, chegando a ser director rexional da emisora. Co nacemento das televisións privadas, en 1995 foi nomeado director de Antena 3 en Galiza, desenvolvendo o primeiro telexornal territorial da cadea.

Foi director de La Voz de Galicia entre 2000 e 2006, ao tempo que participou en faladoiros de programas como Herrera en la Onda, Ruedo Ibérico, 59 segundos ou Protagonistas.

En xaneiro de 2009 foi nomeado director editorial de Medios Rexionais de Vocento. En setembro de 2010 foi nomeado director do periódico ABC, substituíndo a Ángel Expósito.[1]

Galardóns e recoñecementos[2][editar | editar a fonte]

  • Premio Galicia de Xornalismo, na sección de radio (1989).
  • Premio Galicia de Xornalismo,na sección de prensa escrita (2002).
  • Coruñés do ano, en 1990.
  • Mellor xornalista da Coruña, pola Universidade da Coruña, en 1995.
  • Antena de Oro, en 1998.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bieito Rubido, novo director de ABC", artigo en www.xornalistas.com.
  2. Perfil de Bieito Rubido Ramonde Arquivado 07 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en www.academiatv.es (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bieito_Rubido&oldid=4878215"