Bill Carson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bill Carson
Nacemento 25 de novembro de 1900
Bracebridge, Ontario (Canadá)
Morte 29 de maio de 1967
Parry Sound, Ontario (Canadá)
Estatura 5 ft 8 in (173 cm)
Peso 158 lb (72 kg; 11 st 4 lb)
Posición RW
Tiro Esquerda
Xogou con Toronto St. Patricks
Toronto Maple Leafs
Boston Bruins
Carreira 1926–1930

William Joseph James "Doc" Carson, nado o 25 de novembro de 1900 en Bracebridge (Ontario, Canadá) e finado o 29 de maio de 1967 en Parry Sound (Ontario, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou 159 partidos na National Hockey League (NHL), primeiro con Toronto St. Patricks (logo denominados Toronto Maple Leafs) e posteriormente nos Boston Bruins.[1]

Bill foi un dos tres irmáns Carson que xogaron na NHL, xunto cos seus irmáns menores Gerry (Montreal Canadiens, New York Rangers e Montreal Maroons) e Frank (Montreal Maroons, New York Americans, Detroit Falcons -posteriormente Detroit Red Wings-).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bill Carson naceu en Bracebridge en 1900. O desexo de Carson era converterse en dentista, que se materializaría en 1920 cando ingresou na Universidade de Toronto, onde se fixo un nome no seu equipo de hóckey sobre xeo, axudándoo a conseguir a vitoria na Allan Cup en 1921.[1]

Carson permaneceu na Ontario Hockey Association (OHA) mentres finalizaba os seus estudos,[2] e despois de ter xogado un ano nos Peach Kings de Grimsby e dúas nos Stratford Indians (conseguindo na tempada 1924-25 un total de 29 goles e 8 asistencias en 20 partidos), Carson asinou polos Toronto St. Patricks da National Hockey League (NHL) en 1926. Mike Rodden, mánager e adestrador do equipo de Toronto, puxo moitas esperanzas e confianza en Carson. Cando os "Pats" se converteron nos Maple Leafs en 1927, unha actuación estelar de Carson fixoo converterse no favorito do público. Carson tamén pasaría á historia como un dos membros fundadores dos novos Maple Leafs, e pénsase que puido ter anotado o primeiro gol na historia da franquía de Ontario.[1]

O 4 de febreiro de 1928, nun partido fronte aos Detroit Cougars durante a súa terceira tempada cos Maple Leafs, Carson foi gravemente lesionado cando durante un partido moi físico, caeu ao xeo nunha acción de contacto, causándolle unha conmoción cerebral e unha fractura de cranio. Aínda que se recuperou e volveu ao xeo, non era o mesmo xogador e o 25 de xaneiro de 1929 foi traspasado aos Boston Bruins.[1]

O investimento dos Bruins pagou a pena cando o equipo gañou a Stanley Cup en 1929 cun gol gañador de Carson no minuto 18:02 do terceiro período no Madison Square Garden de Nova York, poñendo o marcador nun 2-1 a favor dos de Boston, que gañarían a eliminatoria fronte aos Rangers por 2-0. Despois desta vitoria Carson permaneceu unha tempada máis nos Bruins antes de ser traspasado aos London Tecumsehs da International Hockey League (IHL), nos que tan só xogou sete partidos.[1]

Despois do seu breve paso pola IHL retirouse durante dous anos, aínda que tentou volver ao xeo en 1933, cando xogou unha tempada completa cos New Haven Eagles da Canadian American Hockey League, colgando os patíns definitivamente na tempada seguinte. Logo disto Carson regresou a Canadá para exercer a odontoloxía, primeiro en Aurora, e logo en Parry Sound, onde morrería o 29 de maio de 1967.[1]

En 2003, Bill Carson foi introducido no Bobby Orr Hall of Fame en Parry Sound.[1]

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Liga regular[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM
1918-19 Woodstock Athletics OHA-jr - -
1919-20 Universidade de Toronto OHA-sr 3 6 1 7 -
1919-20 Universidade de Toronto Allan Cup 6 9 4 13 -
1920-21 Universidade de Toronto OHA-sr 10 13 3 16 -
1920-21 Universidade de Toronto Allan Cup 8 14 2 16 -
1921-22 Universidade de Toronto OHA-sr 9 15 3 18 -
1922-23 Universidade de Toronto OHA-sr 11 8 10 18 -
1923-24 Grimsby Peach Kings OHA-sr - - - - -
1923-24 Toronto Granites Exhib. 5 9 2 11 -
1924-25 Stratford Indians OHA-sr 20 29 8 37 41
1925-26 Stratford Indians OHA-sr 17 19 3 22 23
1926–27 Toronto St. Patricks NHL 40 16 6 22 41
1927–28 Toronto Maple Leafs NHL 32 20 6 26 36
1928–29 Toronto Maple Leafs NHL 24 7 6 13 45
1928–29 Boston Bruins NHL 19 4 2 6 10
1929–30 Boston Bruins NHL 44 7 4 11 24
1930–31 London Tecumsehs IHL 7 0 1 1 2
1933–34 New Haven Eagles Can-Am 33 7 4 11 6
Totais na NHL 159 54 24 78 156

Playoffs[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM
1920-21 Universidade de Toronto OHA-sr 3 2 0 2 -
1924-25 Stratford Indians OHA-sr 2 0 2 2 3
1928-29 Boston Bruins NHL 5 2 0 2 8
1929-30 Boston Bruins NHL 6 1 0 1 6
Totais na NHL 11 3 0 3 14

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Membro do segundo equipo All-Star na OHA (1920, 1922, 1923)[2]
  • Membro do primeiro equipo All-Star na OHA (1921)[2]
  • Campión da Allan Cup (1921)[2]
  • Campión da Stanley Cup (1929)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,31,41,51,6 Bobby Orr Hall of Fame (ed.). "Inductee Corner. 2003 Inductees. Bill Carson" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  2. 2,02,12,22,32,4 Hockey Hall of Fame (ed.). "Bill Carson" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bill_Carson&oldid=4919829"