Bob Fullarton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bob Fullarton
Posición Pivote
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Nacemento 1950 (69 anos)
Flag of the United States.svg Wisconsin
Carreira
Tempadas 19731981
Universidade Xavier
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     -
Asistencias     -
Rebotes     -
Premios

Robert Fullarton, coñecido como Bob Fullarton, nado en 1950 no estado de Wisconsin, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros foi un dos xogadores máis destacados do baloncesto español da década de 1970.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bob Fullarton comezou a xogar ao baloncesto condicionado pola súa estatura, tendo ademais boas calidades físicas e técnicas para elo, polo que acabou xogando na NCAA para a Universidade de Xavier (Cincinatti). Tras pasar catro anos no baloncesto universitario entro no Draft da NBA, onde foi elixido polos Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers), con todo non chegou a debutar co equipo na NBA.

Sen equipo Fullarton falou co seu axente de ir a xogar a Europa, recibindo dúas ofertas, unha do Pineda e outra do La Casera de Lugo. Co Breogán xogou varios anos na elite do baloncesto estatal, chegando a ser o máximo anotador na tempada 1975-76 con 30,3 puntos por encontro (968 en total, a marca máis alta da historia da liga). Tras cinco anos en Lugo, e co descenso do equipo á Segunda División Fullarton marchou ao Bàsquet Manresa, onde chegou a ser subcampión da Copa do Rei. Retirado do baloncesto, foi homenaxeado tanto en Lugo como en Manresa.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bob_Fullarton&oldid=4172633"