Boletus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boletos (xénero Boletus)
Boletus edulis
Boletus edulis
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Boletales
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Fr.
Diversidade
máis de 100 especies (véxase no texto)

Os boletos[1] ou andoas[2] son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota[3] e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.

Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης,[4] que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato".[5]Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.[6]

O nome galego andoa è de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).

Comestibilidade[editar | editar a fonte]

Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.

Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.

A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China.[7] Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal.[8] O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.

Especies[editar | editar a fonte]

Algunhas especies en Galiza[editar | editar a fonte]

Listaxe máis completa e comestibilidade[editar | editar a fonte]

A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.

  • Choice toxicity icon.png Moi recomendado
  • Edible toxicity icon.png Recomendado
  • Inedible toxicity icon.png Desagradábel, incomíbel
  • Unknown toxicity icon.png Descoñecido, abterse
  • Psychoactive toxicity icon.png Psicoactivo, perigoso
  • Poisonous toxicity icon.png Tóxico


  • Edible toxicity icon.png Boletus abieticola
  • Choice toxicity icon.png Boletus aereus - Andoa moura, andoa común
  • Unknown toxicity icon.png Boletus affinus
  • Inedible toxicity icon.png Boletus albidus (véxase B. radicans)
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus amygdalinus
  • Edible toxicity icon.png Boletus appendiculatus
  • Unknown toxicity icon.png Boletus auriflammeus
  • Edible toxicity icon.png Boletus auriporus
  • Edible toxicity icon.png Boletus badius - andoa escura
  • Choice toxicity icon.png Boletus barrowsii
  • Edible toxicity icon.png Boletus betula
  • Edible toxicity icon.png Boletus bicolor - Andoa de dúas cores (América do Norte)
  • Edible toxicity icon.png Boletus caespitosus
  • Inedible toxicity icon.png Boletus calopus
  • Edible toxicity icon.png Boletus campestris
  • Edible toxicity icon.png Boletus chromapes - hoxe en día coñecido coma Tylopilus chromapes
  • Edible toxicity icon.png Boletus chrysenteron
  • Edible toxicity icon.png Boletus citrinoporus
  • Edible toxicity icon.png Boletus coccyginus
  • Inedible toxicity icon.png Boletus coniferarum
  • Unknown toxicity icon.png Boletus curtisii
  • Edible toxicity icon.png Boletus dryophilus
  • Choice toxicity icon.png Boletus edulis - Madeirudo, boleto bo
  • Unknown toxicity icon.png Boletus erythropus resulta comestíbel despois de cociñalo, mais se semella moito a outras especies velenosas, polo que a súa colla non é recomendábel para persoas con pouca experiencia no tema
  • Unknown toxicity icon.png Boletus fagicola
  • Unknown toxicity icon.png Boletus fechtneri - Boleto pálido
  • Edible toxicity icon.png Boletus fragrans
  • Edible toxicity icon.png Boletus griseus
  • Edible toxicity icon.png Boletus impolitus
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus legaliae
  • Edible toxicity icon.png Boletus luridus
  • Psychoactive toxicity icon.png Boletus manicus
  • Edible toxicity icon.png Boletus parasiticus
  • Choice toxicity icon.png Boletus pinophilus (ou Boletus pinicola) - andoa dos piñeiros
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus pulcherrimus (prev B. eastwoodiae)
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus purpureus
  • Edible toxicity icon.png Boletus queletii
  • Inedible toxicity icon.png Boletus radicans
  • Choice toxicity icon.png Boletus regius
  • Edible toxicity icon.png Boletus reticulatus (prev B. aestivalis) -
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus rhodopurpureus
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus rhodoxanthus
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus satanas - Boleto de Satanás
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus satanoides (véxase B. legaliae)
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus sensibilis
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus splendidus (véxase B. legaliae)
  • Edible toxicity icon.png Boletus subtomentosus
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus subvelutipes
  • Poisonous toxicity icon.png Boletus venenatus (Xapón)
  • Edible toxicity icon.png Boletus zelleri

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boleto.
  2. Fonte: VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela/ Deputación de Lugo
  3. "Micorrizas - um bom negócio entre plantas e fungos". Naturlink (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 18 de Abril de 2012. 
  4. Simpson, D.P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5 ed.). Londres: Cassell Ltd. p. 883. ISBN 0-304-52257-0. 
  5. Liddell, Henry George & Robert Scott (1980). A Greek-English Lexicon (Ed. Abridged). RU: Oxford University Press. ISBN 0-19-910207-4. 
  6. Ramsbottom J (1953). Mushrooms & Toadstools. Collins. p. 6. ISBN 1-870630-09-2. 
  7. Matsuura; et al. (marzo de 2007). "Bolevenine, a toxic protein from the Japanese toadstool Boletus venenatus". Phytochemistry (en inglés) 68 (6): 893–898. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  8. Benjamin (1995). "Red-pored boletes". Mushrooms: poisons and panaceas. A handbook for naturalists, mycologists and physicians (en inglés). Nova York: WH Freeman & Company. pp. 359–360. 
  9. 9,09,19,29,39,4 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  10. 10,010,110,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Boletus&oldid=5163114"