Bonifacio II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bonifacio II
Boniface II.jpg
Bonifacio II
Nacemento valor descoñecido
  Roma
Falecemento 17 de outubro de 532
  Roma
Soterrado Basílica de San Pedro
Relixión catolicismo
Ocupación sacerdote católico
Período 530 a 532
Coñecido/a por ser o papa n° 55 da igrexa católica
Organización Igrexa católica
Cargos Bispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Bonifacio II, nado en Roma e falecido en Roma o 17 de outubro de 532, foi o 55º papa da Igrexa católica, entre os anos 530 e 532.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Roma, era ostrogodo de nacemento, o que o converteu no primeiro papa de orixe xermánica, grazas ao apoio do rei godo Atalarico.

Designado por Fiz IV como o seu sucesor mediante un edito, á morte deste unha parte do clero, respectando a vontade do falecido, elixiuno pontífice o 22 de setembro de 530, mentres que a facción maioritaria da curia se opuxo á súa elección, elixindo como papa a Dióscoro. O posible cisma na igrexa desapareceu coa morte de Dióscoro vinte e dous días despois do seu nomeamento.

Obsesionado coa posibilidade de que á súa morte volvese a producirse unha dupla elección papal que desembocase nun cisma, convocou un concilio no que se outorgou a prerrogativa de elixir ao seu propio sucesor, designando como tal ao diácono Vixilio. Porén, a oposición que encontrou ante este proceder e que levou ao propio Senado romano a acusar ao papa de abuso de poder, fixo que Bonifacio se retractase, non accedendo á cadeira papal trala morte de Bonifacio, se ben o faría posteriormente.

Predecesor:
Fiz III
Emblem of the Papacy SE.svg
Papa

530-532
Sucesor:
Xoán II

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bonifacio_II,_papa&oldid=4711250"