Brčko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 44°52′N 18°49′L / 44.87, 18.81

Brčko
Brčko (collage image).jpg
Localización
Brčko en Bosnia e Hercegovina
Brčko
Brčko
País Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Distrito Distrito de Brčko
Demografía
Poboación 40 921[1]
Outros datos
Código postal 76100
Alcalde Dragan Pajić (SNSD)
www.bdcentral.net

Brčko (en serbio, bosníaco, croata: Brčko en alfabeto latino e Брчко en cirílico serbio) é unha cidade no norte de Bosnia e Herzegovina, cabecera administrativa do distrito de Brčko. Sitúase na fronteira septentrional, sobre o río Sava, na ribeira oposta á cidade de Guja, en Croacia. É moi probable que estea vinculado aos Breuci, unha tribo iliria que habitou esa área na antigüidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Brcko02.png

Brčko é a sede do goberno do Distrito de Brčko, unidade local autónoma e independente no territorio da República Srpska e a Federación de Bosnia e Herzegovina, creada despois dun proceso de arbitraxe; este proceso é considerado por algúns como unha violación dos Acordos de Dayton porque estes crearon o distrito aínda que só podían arbitrar o tramo disputado da liña fronteriza entre as dúas entidades, tamén coñecido como Zona de Separación. A administración local é axudada por unha autoridade de supervisión internacional encabezada polo estadounidense Raffi Gregorian.

Historia[editar | editar a fonte]

Brčko era o centro dun contencioso xeográfico en 1996, cando a Forza de Intervención (IFOR), dirixida polos Estados Unidos, construíu Camp McGovern nos arredores da cidade. Este campamento foi erixido na Zona de Separacion (ZOS) co propósito de iniciar operacións de mantemento da paz, especialmente entre os musulmáns de Gornji Rahić preto de Brka e os serbios de Brčko.

A primeira unidade do Exército dos Estados Unidos despregada en Brčko foi a Forza de Tarefa Conxunta (Task Force) 3-5 CAV, composta de unidades individuais da Primeira División Blindada. O Tenente Coronel Anthony Cucolo estivo ao mando dela, e o seu cuartel era Camp McGovern.

Aínda que Brčko foi foco de tensión a fins dos 90, lográronse grandes progresos de integración multiétnica na cidade desde ese entón, tales como integración na educación secundaria. Os esforzos de reconstrución e o plan de posta en funcionamento da Lei de Propiedade melloraron a situación da propiedade e o regreso de desprazados.

Brčko segue sendo un importante compoñente dos Acordos de Dayton trala Arbitraxe de Brčko, que decidiu en maio de 1997 que Brčko sería un distrito especial fose da xurisdición da Federación de Bosnia e Herzegovina e da República Srpska, entidades constituíntes de Bosnia e Herzegovina.

A primeira organización internacional en instalar oficinas na cidade foi a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE). A oficina de Brčko foi dirixida por Randy Hampton, quen máis tarde se iría a Croacia para abrir as oficinas locais da OSCE.

As oficinas principais da OSCE en Bosnia e Herzegovina, en Saraxevo, seguen funcionando.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Brčko&oldid=4846731"