Saída do Reino Unido da Unión Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Brexit")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A saída do Reino Unido da Unión Europea, comunmente abreviada como brexit​ ([ˈbreksit], acrónimo das palabras inglesas Britain e exit, ‘Gran Bretaña’​ e ‘saída’), é un proceso político en curso que persegue o abandono do Reino Unido da Unión Europea. Esta era unha meta política de determinados partidos políticos, grupos civís e persoas do Reino Unido desde 1973. Saír da Unión Europea é un dereito dos Estados membros recoñecido no artigo 50 do Tratado da Unión Europea.

Xa en 1975 se celebrara un primeiro referendo sobre a permanencia do país na Comunidade Económica Europea, precursora da UE, con resultado favorable á permanencia. No 2016 clebrouse un segundo referendo sobre a pertenencia, celebrouse o xoves 23 de xuño, e tivo un resultado favorable á saída da Unión Europea con case un 52 % dos votos, fronte  un 48 % que abogou pola permanencia.

O resultado non foi uniforme en todo o Reino Unido, votouse a favor da salida en Inglaterra e Gales, mentres que Escocia, Irlanda do Norte e mailo territorio de Xibraltar​​ votaron pola permanencia. O grande peso demográfico de Inglaterra e a alta participación nesta nación foron decisivos para decantar o resultado a favor da saída. Neste sentido, algúns analistas sinalan a posibilidade dunha creba no propio Reino Unido, xa que podería traer de volta unha fronteira terrestre na illa de Irlanda. Escocia votou por permanecer no Reino Unido no referendo celebrado dous anos antes baixo a promesa de permaneceren na Unión Europea.

Entre as consecuencias inmediatas que se produciron está o anuncio do entón primeiro ministro británico, David Cameron, que estivo a favor da permanencia do Reino Unido na Unión, de dimitir antes do seguinte congreso nacional do Partido Conservador, previsto para o 2 de outubro do 2016. A elección do próximo líder "tory" estaba programada para aquel congreso, e disputaríase entre Theresa May y Andrea Leadsom, que resultaron gañadoras da votación entre os parlamentarios do Partido Conservador. Tras a retirada de Leadsom, Theresa May foi proclamada como sucesora de Cameron directamente, sen primarias, e asumiu a encarga de formar Goberno o 13 de xullo.

Por outra banda, o resultado do referendo non era vinculante, xa que para iniciar o proceso de saída da Unión Europea, o Parlamento do Reino Unido tiña que derrogar unha serie de leis, e a Cámara dos Comúns podía desbotar cualquera iniciativa neste sentido.

Finalmente, o 29 de marzo do 2017 tras conseguir a aprobación do parlamento británico, o Reino Unido comunicoulle ao presidente do Consello da Unión Europea a súa vontade de abandoar a Unión Europea, tal como establece o artigo 50 do Tratado da Unión Europea. Esta comunicación deu comezo ao proceso de saída, que segundo establece o tratado, terá unha duración inicial de dous anos, prorrograble polo acordo unánime dos Estados membros.

Historia[editar | editar a fonte]

O Reino Unido adhiriuse á Comunidade Económica Europea, comúnmente denominada polos británicos como «Mercado Común», o 1 de xaneiro de 1973, baixo o goberno conservador de Edward Heath. O Partido Laborista, liderado na oposición por Harold Wilson, concurreu ás eleccións xerais de outubro de 1974 co obxectivo de renegociar os termos da pertenza do Reino Unido na CEE e, posteriormente, celebrar un referendo sobre a permanencia na mesma en función das novas condicións.

Referendo de 1975[editar | editar a fonte]

No ano de 1975 celebrouse un referendo no que o electorado decidiu sobre a permanencia británica na CEE. Todos os principais partidos políticos e maila prensa apoiaron a continuidade no mercado común. Porén, houbo fracturas internas significativas entre os laboristas (naquel momento partido gobernante), xa que os seus militantes votaran a favor da saída nunha conferencia celebrada o 26 de abril de 1975. Xa que o goberno estaba dividido entre acérrimos proeuropeos e antieuropeos, Harold Wilson autorizou que os seus ministros fixeran campaña pública en favor de cualquera das dúas opcións. En total, sete dos trinta e dous membros do goberno opuxéronse á continuidade na CEE.

O 5 de xuño de 1975, os electores decidiron se votaban si ou non á pregunta: «Pensa que o Reino Unido debe permanecer na Comunidade Europea (Mercado Común)?». Todos os condados administrativos do Reino Unido rexistraron unha maioría de votos afirmativos, agás o das illas Shetland e o das illas Hébridas Exteriores. Como resultado, o Reino Unido seguiu pertencendo á CEE.

Votos polo si Si (%) Votos polo non Non (%) Participación (%)
17 378 581 67,2 8 470 073 32,8 64,5

Período entre referendos[editar | editar a fonte]

O Partido Laborista, na oposición, fixo campaña nas eleccións xerais de 1983 para que o Reino Unido salira da Comunidade Económica Europea.​ A proposta non tivo maior recorrido pola victoria de Margaret Thatcher, que foi relixida naquelas eleccións.​ A partires dese momento, o Partido Laborista mudou a súa política cara Europa.

Como resultado do Tratado de Maastricht, a CEE convirtiuse na Unión Europea. E no 1994 se formouse o Referendum Party da man de sir James Goldsmith para concorrer ás eleccións xerais de 1997 co obxectivo de celebrar un referendo sobre a permanencia na UE.​ Presentaron candidatos en 547 circunscripcións, e conseguiron 810 860 votos.​ Malia iso non lograron ningún escano no parlamento pola dispersión do seu voto.

A comezos da década de 1990 tamén se creou o Partido da Independencia do Reino Unido (UKIP). Un partido euroescéptico en contra da participación del Reino Unido na Unión Europea. Conseguiu o terceiro posto nas eleccións europeas de 2004, o segundo nas de 2009 e o primeiro nas de 2014.

O debate volveuse retomar en 2013 cando o primer ministro, David Cameron, propuxo un referendo sobre a membresía do Reino Unido na Unión Europea.​ Tras a súa victoria nas eleccións xerais de 2015 e como consecuencia das presións do UKIP, o proxecto de buscar a saída da Unión Europea consolídase. Durante 2016 o primeiro ministro Cameron levou a cabo unha serie de negociacións coa UE sobre concesións que a Unión Europea podería realizar ao Reino Unido a cambio dun goberno británico favorable á UE.

Referendo de 2016[editar | editar a fonte]

o 23 de xuño de 2016 realizouse o Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na UE, o resultado sinala que o 51,9 % dos votantes é partidario de abandoar a UE, fronte un 48,1 % partidario de permanecer. Porén, en Escocia, Irlanda do Norte e Xibraltar, ademais da maioría de Londres, predominou a opción contraria.​ Tras os resultados do referendo, o primeiro ministro David Cameron dimitiu do seu cargo argumentando que un novo e fresco liderado debe levar ao país á opción escollida polo pobo.​ Foi substituído no cargo pola tamén conservadora teresa May.

O proceso de retirada do Reino Unido da Unión Europea comezou cando o Reino Unido invocou o artigo 50 do Tratado da Unión Europea o mércores 29 de marzo de 2017. O prazo establecido naquel artigo é de dous anos para acadar un acordo sobre os termos da separación do Reino Unido da Unión Europea polo tanto a data do abandono defeinitivo é o 29 de marzo de 2019. A outubro de 2018 aínda non fora acadado ningún acordo polo que é posible que o Reino Unido teña abandoar o clube comunitario de forma abrupta.

Votos polo Si Si (%) Votos polo Non Non (%) Participación (%)
16 141 241 48,1 17 410 742 51,9 72,2

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Saída_do_Reino_Unido_da_Unión_Europea&oldid=4938105"