Bridget Catherine Regan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bridget Catherine Regan
Bridget Regan by Gage Skidmore.jpg
Nacemento3 de febreiro de 1982
 Carlsbad
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of North Carolina School of the Arts
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, actriz de televisión e actriz de cinema
CónxuxeEamon O'Sullivan
editar datos en Wikidata ]

Bridget Catherine Regan, nada no condado de San Diego (California) o 3 de febreiro de 1982, é unha actriz estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bridget graduouse na Escola de Artes da Universidade de North Carolina.

Dende o 2006, Regan apareceu en varias películas e programas de televisión. Destaca a súa participación nas series The Wedding Album (2006) e Supreme Courtships (2007). Tamén apareceu coma invitada nas series Love Monkey , Law & Order: Criminal Intent, American Experience, Six Degrees, The Black Donnellys e New Amsterdam. No cine apareceu en Blinders no 2006, The Babysitters no 2007 e Sex and the City no 2008.

No 2008 Bridget obtivo o seu primeiro papel estelar coma unha das actrices principais na serie Legend of the Seeker, unha serie baseada na serie de libros de Terry Goodkind; na serie Regan interpreta á Confesora Kahlan Amnell. Actualmente a serie está na súa segunda tempada.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Personaxe Notas
2006 Love Monkey Woman xunto a Tom Cavanagh
2007 Supreme Courtships Holly xunto a Shane West, Erin Cahill e Kate Burton
2007 The Black Donnellys Trish Hughes Aparece en 4 episodios
2007 Six Degrees Diana Foss No episodio "A Simple Twist of Fate"
2007 The American Experience Angelica Shippen No episodio "Alexander Hamilton"
2006 - 2007 Law & Order: Criminal Intent ADA Claudia Shankly Xunto a Vincent D'Onofrio e Kathryn Erbe - Nos episodios "Silencer" e "Masquerade"
2008 New Amsterdam Daphne Tucker xunto a Nikolaj Coster-Waldau e Alexie Gilmore - No episodio "Keep the Change"
2008 - 2010 Legend of the Seeker Kahlan Amnell xunto a Craig Horner, Bruce Spence, Tabrett Bethell, Jay Laga'aia e Craig Parker

Películas[editar | editar a fonte]

Ano Programa Personaxe Notas
2006 Blinders Vivian xunto a Michael Rodrick
2006 The Wedding Album Kate -
2007 The Babysitters Tina Tuchman xunto a John Leguizamo e Cynthia Nixon
2008 Sex and the City Hostess xunto a Kristin Davis
2010 The Best and the Brightest Robin xunto a Neil Patrick Harris e Christopher McDonald
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bridget_Catherine_Regan&oldid=4741708"