Briga (organización xuvenil)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
BRIGA
Organización xuvenil da Galiza
BRIGA LOGO ANTIGO.PNG
Historia
Fundación2004
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo galego
Comunismo
Marxismo-Leninismo
Ecoloxismo
Reintegracionismo
Feminismo de Clase
Internacionalismo[1]
Outros datos
SedeSantiago de Compostela
PublicaciónXerfas Ediçons
Páxina web[1]

Fundada no ano 2004, é a organización xuvenil da Mocidade Comunista, Feminista e Independentista Galega, encadrada no seo do Movemento de Liberación Nacional Galego, tendo como espazo de funcionamento o territorio da CAG e a chamada Galiza irredenta (Eo-Navia, Bierzo e Seabra). Os seus obxectivos son a incorporación dos elementos máis activos da mocidade obreira e popular galega, para contribuír ao proceso de liberación nacional e social de xénero na Galiza e á construción dunha República Galega ao servizo das clases populares. Tendo como obxectivo final a disolución de todo Estado e clase social.

Historia[editar | editar a fonte]

Creación[editar | editar a fonte]

Durante os anos 2003 e 2004, debido a que diferentes solicitudes de altas na AMI por parte de mozos pertencentes a Nos-UP, AGIR e Primeira Linha foran denegadas, fíxose público un duro comunicado[2] por parte de diferentes mozos contra a AMI, e meses despois nacía Briga.

O sábado 16 de outubro do 2004, no Centro Social da Fundación Artábria en Ferrol, tivo lugar o Congreso Nacional Constituinte que enxendraría a Organización Xuvenil da Esquerda Independentista, BRIGA.

Arredor dunha centena de mozas e mozos participarían do Congreso Constituinte deste espazo organizativo aprobando as teses organizativa, política e ideolóxica tras debates intensos e frutíferos que dinamizarom a xornada. Nos textos de dito Congreso que transcorreu baixo o lema “Dereito a Rebelion” subliñase a necesidade de incidir nos problemas que na altura eran percibidos pola mocidade galega coma fundamentais (vivenda, recorte das liberdades sociais, antimilitarismo...) e a partir de aí ligar esas problemáticas candentes coas cuestións estratéxicas, como son a independencia nacional, a abolición da explotación e opresión de xénero e a construción do Socialismo na Galiza.

Outro dos alicerces chaves das teses saíntes do Congresso Constituínte foi a aposta por articular unha estrutura revolucionaria xuvenil dinámica, asumindo un rol activo na militancia interna e externa e eixos político-ideolóxicos elevados como a independencia nacional, socialismo e feminismo, o internacionalismo como pauta de relacionamento entre pobos, e as teses do reintegracionismo lingüístico e monolingüismo social no tocante a lingua galega, asumindo tamén os posicionamentos do ecoloxismo e a defensa da terra, o antimilitarismo encarnado nas loitas contra o servizo militar obrigatório e unha defensa activa das liberdades sexuais.

BRIGA nace dentro dun movemento xuvenil fragmentado e separado, da análise do mesmo as participantes do Congresso Constituinte concluen a necesidade de contribuír a xerar dinámicas unitarias que posibiliten a confluencia e a reorganización do movemento xuvenil independentista galego.

Mural da Briga en lembranza de Moncho Reboiras en Ferrol.

Congresos Nacionais[editar | editar a fonte]

Congreso Nacional Constituínte[editar | editar a fonte]

Tivo lugar en Ferrol o día 16 de outubro do ano 2004 baixo o lema “Dereito a Rebelión” que adoptaría a chamada táctica “do particular o xeral” na que se recollerían unha serie de medidas aplicables para melhorar as condiçons vitais da mocidade popular e que suporían un achegamento aos parámetros da igualdade real entre persoas.

II Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

Celebraríase na cidade d’A Coruña o día 28 de outubro do 2006 convocado baixo o lema “Erguemos a bandeira do combate juvenil” e nel estudaronse as diferentes políticas en torno ás dificultades no aceso a vivenda por parte da mocidade e o programa do bipartito do BNG-PSOE que é considerado un ataque aos dereitos da mociidade traballadora galega no tocante á participación na política e sociedade, en materia laboral, en dereitos sexuais e reprodutivos, e tamén na criminalizaçom da mocidade popular através da chamada “Lei Botelhom”. Este Congreso analiza a chamada estrutura do Poder Adulto e os ataques por parte do Estado á autoorganización xuvenil especialmente na “Operación Cacharrón”, operacióm da Guardia Civil e a Audiencia Nacional sufrida por BRIGA que se encadraba na tentativa de descabezar e desartellar o movemento xuvenil independentista galego.

III Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

Decorreu na comarca de Compostela o 17 de xaneiro do ano 2009. No contexto da crise económica mundial a mocidade organizada en BRIGA analizou a confluência de diversas crises no sistema capitalista, a enerxética, a alimenticia, a tecnolóxica, a militar ou a financeira. Baixo o lema “Tempo de Crise, Tempo de Luita” formulouse unha tabela reivindicativa encamiñada a dar solución aos problemas da mocidade traballadora e avanzar na vía galega a construción do Socialismo.

IV Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

Tivo lugar en Vigo no ano 2011 baixo a frase “Organizando a juventude rebelde galega, contra Espanha, o Capital e o Patriarcado”. A dous anos do inicio oficial da crise sistémica na cidade analizáronse os rescates financeiros e os efectos da crise no marco do Estado español e na Galiza, e as novas realidades en torno á explotación laboral na mocidade, ás altas taxas de desemprego, á temporalidade e a reforma laborais e aos efectos dos ataques sobre a negociación colectiva para as mozas e mozos da Galiza. Como resposta a esta análise, desenvolvese noutro apartado da Tese Política unha crítica ao sindicalismo galego e unha aposta por reforzar o papel da mocidade no conxunto das loitas económicas, pola vivenda, os dereitos laborais, etc.

V Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

Baixo a lexenda de "O presente e de luita o futuro é nosso" decorria enCompostela o 2 de febreiro de 2013, neste congreso a organización voltava por no punto de mira as diferentes reformas laborais que afectavan á mocidade, así como as condicións de vida ás que a crise económica comezada anos antes a empurraba. Á vez que analizava as diferentes meidadas tomadas por parte do Estado Español e a Xunta contra os dereitos sociais da mocidade galega.

VI Congreso Nacional[editar | editar a fonte]

Tivo lugar en outubro do ano 2015, o máximo órgano de debate e toma de decisións de BRIGA volta á comarca de Compostela nunha conxuntura complexa após a disolución do seu referente interxeracional, NOS-Unidade Popular. Baixo o lema “Com a imparavel força da mocidade” BRIGA recolle a análise dos dous Congresos anteriores que afondarom na crise económica e conclúe coas consecuencias da mesma no seo da mocidade, como son o desemprego crónico ou a precariedade e temporalidade laborais. Analízase tamén o desmantelamento dos servizos públicos e a ofensiva patriarcal así como mecanismos feministas de resposta. Este Congreso estuda a crise do chamado “Movimento de Libertaçom Nacional Galego” coa desaparición de NOS-Unidade Popular e a ruptura de Primeira Linha e acorda continuar a contribuír no movemento nacional galego desde unha óptica xuvenil sen perder a perspectiva da reconstrución do movemento independentista galego.

VII Congresso Nacional[editar | editar a fonte]

Realizouse o 10 de marzo do ano 2018 en Ferrol, resulta de especial transcendencia polo cambio de composición orgánica que supón ao adoptar a organización o modelo leninista e o centralismo democrático. Baixo o lema “Construíndo a ferramenta da juventude revolucionaria” realízase unha profunda análise da emigración galega, especialmente entre as mozas e mozos, e acórdanse tres grandes apostas: a primeira é o cambio de modelo organizativo, a segunda a firme intención de reconfigurar o movemento xuvenil independentista galego e a terceira a estruturación e articulación do novo independentismo galego a nivel adulto.

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

No ano 2004 BRIGA adopta un modelo mixto, entre unha organización plural e de masas e un espazo cunha exixencia militante alta e de liña, este modelo aportou unha importante capacidade de incidencia e permitiu a participación activa da militancia de BRIGA en multitude de causas sociais e políticas, así como de diversos espazos, como Erguer. Estudantes da Galiza, Centros Sociais, no tecido asociaivo das comarcas...[3][Cómpre referencia]

Facendo das comarcas o eixo central da súa actividade diaria a partir dos Grupos de Base da organización. Coa disolución de Nós-UP e a ruptura en Primeira Linha a organización afronta unha nova situación, polo que no VII Congreso Nacional[4], que decorreu o pasado 10 de marzo do 2018, analizouse a necesidade de aplicar o modelo leninista e o centralismo democrático e impulsar a creación de novos puntos de encontro plurais, dinámicos e abertos desde onde organizar a mocidade galega en chave independentista.

Actividades notableis[editar | editar a fonte]

A maiores das diferentes campañas políticas, axitativas ou de difusión que a organización poida facer en cada comarca ao respecto de cuestións concretas, Briga realiza cada ano diferentes actividades de forma regular, en concreto a "Jornada de Rebeliom Juvenil"[5] que cumple 15 edicións neste 2019 e a "Escola de Formaçom", esta última criada por AGIR no 2004 antes da aparición de Briga, a cual adere xa na II edición.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Novas relacionadas[editar | editar a fonte]

https://www.farodevigo.es/galicia/2012/11/09/tres-jovenes-independentistas-son-condenados-tres-anos-medio-prision/709409.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/10/13/amanece-pintadas-sede-pp-vigo/1766607.html

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/06/16/jovenes-condenados-mil-euros-pintadas-antisistema-6-oficinas-bancarias/448189.html

https://nostelevision.gal/briga-participa-nos-actos-da-diada-da-man-do-independentismo-xuvenil-catalan/

http://www.herrikolore.org/index.php/mundua/35/5278-briga-continua-trabajando-desde-el-ambito-juvenil-por-una-galiza-independiente-socialista-y-feminista

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/18719-briga-nega-participacion-manifestacion-22m-madrid

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Briga_(organización_xuvenil)&oldid=5059234"