Bruce Schneier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bruce Schneier
Bruce Schneier 1.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1963
 Nova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enUniversidade de Rochester e American University
Ocupacióncriptógrafo, matemático e informático teórico
PremiosEFF Pioneer Award e Prêmio Norbert Wiener de Responsabilidade Social e Profissional
editar datos en Wikidata ]

Bruce Schneier, nado en Nova York o 15 de xaneiro do 1963, é un criptógrafo, experto en seguridade informática, e escritor. É o autor de diversos libros de seguridade informática e criptografía, e o fundador e oficial xefe tecnolóxico de Counterpane Internet Security.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Scheneier vive actualmente en Minneapolis, Minnesota coa súa esposa Karen Cooper. Schneier ten unha licenciatura en enxeñaría informática da Universidade Americana[1] e unha diplomatura en Ciencias Físicas da Universidade de Rochester.[1] Antes, traballaba no Departamento de Defensa de Estados Unidos e logo nos Laboratorios Bell.

A Criptografía Aplicada de Schneier é unha popular e respectada referencia de traballo para a criptografía. Schneier deseñou e codeseñou varios algoritmos criptográficos, incluíndo o Blowfish, Twofish e o Cifrado por bloques MacGuffin, Yarrow e o xerador de números pseudo-aleatorios Fortuna. Solitario é un algoritmo criptográfico desenvolvido por Schneier para que sexa usado por xente sen acceso a ordenadores, chamado Pontifex na novela Criptonomicón de Neal Stephenson .

Con todo, Schneier denuncia o seu temperán éxito como unha visión simplista, matemática torre de marfil do que é inherentemente un problema da xente. A Criptografía Aplicada toma como premisa que a tecnoloxía e os algoritmos poden prometer seguridade para os secretos. Schneier argumenta que as garantías matemáticas sen controversia (como por exemplo, independentemente do comportamento dos demais, mentres eu siga o protocolo, o protocolo garantirá a miña seguridade) están realmente próximas ao obxectivo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Schneier, Bruce. Applied Cryptography, John Wiley & Sons, 1994. ISBN 0-471-59756-2
  • Schneier, Bruce. Protect Your Macintosh, Peachpit Press, 1994. ISBN 1-56609-101-2
  • Schneier, Bruce. E-Mail Security, John Wiley & Sons, 1995. ISBN 0-471-05318-X
  • Schneier, Bruce. Applied Cryptography, Second Edition, John Wiley & Sons, 1996. ISBN 0-471-11709-9
  • Schneier, Bruce; Kelsey, John; Whiting, Doug; Wagner, David; Hall, Chris; Ferguson, Niels. The Twofish Encryption Algorithm, John Wiley & Sons, 1996. ISBN 0-471-35381-7
  • Schneier, Bruce; Banisar, David. The Electronic Privacy Papers, John Wiley & Sons, 1997. ISBN 0-471-12297-1
  • Schneier, Bruce. Secrets and Lies: Digital Security in a Networked World, John Wiley & Sons, 2000. ISBN 0-471-25311-1
  • Schneier, Bruce. Beyond Fear: Thinking Sensibly About Security in an Uncertain World, Copernicus Books, 2003. ISBN 0-387-02620-7
  • Ferguson, Niels; Schneier, Bruce. Practical Cryptography, John Wiley & Sons, 2003. ISBN 0-471-22357-3
  • Schneier, Bruce. Secrets and Lies: Digital Security in a Networked World, John Wiley & Sons, 2004. ISBN 978-0-471-45380-2
  • Schneier, Bruce. Schneier on Security, John Wiley & Sons, 2008. ISBN 978-0-470-39535-6
  • Ferguson, Niels; Schneier, Bruce; Kohno, Tadayoshi. Cryptography Engineering, John Wiley & Sons, 2010. ISBN 978-0-470-47424-2
  • Schneier, Bruce. Liars and Outliers: Enabling the Trust that Society Needs to Thrive, John Wiley & Sons, 2012. ISBN 978-1-118-14330-8
  • Schneier, Bruce. Carry On: Sound Advice from Schneier on Security, John Wiley & Sons, 2013. ISBN 978-1118790816
  • Schneier, Bruce. Data and Goliath: The Hidden Battles to Collect Your Data and Control Your World, W. W. Norton & Company, 2015. ISBN 978-0-393-24481-6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Don Krysakowski, ed. (1997). International Banking & Information Security Conference: 1997. DIANE Publishing. ISBN 9780788171536. Schneier has an M.S. in Computer Science from American University and a B.S. in Physics from the University of Rochester 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bruce_Schneier&oldid=4815748"