Budoka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Budoka (武道家) é a denominación que se dá ao estudoso e practicante dunha das artes marciais modernas do Xapón, ou gendai budo.[1] O termo está composto polos kanji "bu", "do" e "ka", e significa, en tradución literal, experto do camiño da guerra. Deste xeito, soamente pode ser chamado de budoka aquel que practica unha arte marcial con dedicación e con respecto aos principios morais. Por outro lado, aquel que tan soamente repite os movementos aprendidos no local de adestramento e está máis interesado no aspecto físico é reputado só un practicante.[2] As distintas artes posúen, cada unha, un practicante respectivo: karate, o karateka; judo, o judoka; aikido, o aikidoka.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RS Aikikai (ed.). "Glossário do Aikido" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  2. Lowry, Dave (2010). Shambhala, ed. The Essence of Budo (en inglés). Boston, Massachusetts. p. 27. 
  3. El Budoka 2.0 (ed.). "Budo tradicional japonés" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  4. KARATE DOJO TAKAHASHI (ed.). "Quattro chiacchere con..." (en italiano). Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Budoka&oldid=4846742"