Bunscoill Ghaelgagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vista frontal da escola en xuño de 2009.

Bunscoill Ghaelgagh é unha escola de primaria cuxa lingua de instrución é a lingua manx en St John's, Illa de Man. É a única escola do mundo na que os cativos reciben as súas aulas exclusivamente en manx e que posibilita que os nenos dominen a lingua[1]. O alumnado pode continuar a súa educación no instituto de educación secundaria Queen Elizabeth II High School en Peel, onde se ofrece a partir dos 12 anos unha materia (GCSE) en lingua manx.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1999 formouse a asociación de pais e nais Sheshaght Ny Paarantyn, co obxectivo de fundar unha escola na que a lingua vehicular fose a lingua manx. Naquel ano levaron a súa petición ao Departamento de Educación da Illa de Man. A escola abriu en setembro de 2001. Ao principio, tiña unha soa aula e compartía edificio co Ballacottier School en Douglas. En xaneiro de 2003 a escola foi trasladada de Ballacottier ao seu propio edificio: a antiga escola de St John's School[2].

A escola gañou o premio anual de Reih Bleeaney Vanannan en xaneiro de 2006 polos seus esforzos en preservar e promover a lingua, a cultura e o patrimonio manx. Foi presentado por Tony Brown quen era entón presidente do House of Keys (a asemblea lexislativa da illa) e presidente da Manx Heritage Foundation[3].

Lingua manx[editar | editar a fonte]

Considérase que a escola ten éxito e que forma parte do rexurdimento da lingua Manx[4][5]. A escola baséase en estudos feitos en Finlandia que demostran as vantaxes dunha educación bilingüe[6]. A investigadora Aini-Kristiina Jäppinen examinou os resultados académicos de 334 alumnos en doce escolas e comparounos cos resultados de 334 alumnos que só estudaban en finés. Ela concluíu que unha segunda lingua mellora o proceso de aprendizaxe e parece mellorar os resultados[7]. Segundo Jäppinen, "Cando os alumnos teñen que conceptualizar e entender temas nunha lingua foránea ademais da lingua materna, axúdalles a entender relacións complexas e polifacéticas entre distintas materias".[7]. A investigación finesa estudou alumnos que aprendían en tres linguas (francés, sueco e inglés) e concluíu que "a opción dunha (segunda) lingua non parece impactar significativamente o rendemento" nun número de materias incluíndo matemáticas e xeografía. Un estudo da Universidade de Luton mostrou que pode haber un atraso “trivial” mais que as vantaxes no longo prazo recompensan amplamente esta desvantaxe provisional[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Miscellany on the History, Culture and Language of the Isle of Man" Arquivado 08 de agosto de 2007 en Wayback Machine., Skeealyn Vannin, Journal of the Genealogical Society of Ireland, Vol.7 No. 2 - 2006
  2. "History of The Bunscoill Ghaelgagh" Arquivado 25 de novembro de 2007 en Wayback Machine., Escolas da Illa de Man, agosto de 2007. 4 de xaneiro de 2006
  3. "Honour for History-Making School" Arquivado 04 de agosto de 2012 en Archive.is, Isle of Man Today, 26 de Xaneiro de 2006
  4. "Isle's Gaelic heritage celebrated", BBC News, 4 de novembro de 2005
  5. "Islanders celebrate Manx language", BBC News, 31 de outubro de 2005
  6. Results look better in English, Raili SepŠnen Arquivado 06 de decembro de 2008 en Wayback Machine. accessed 4 January 2008
  7. 7,07,1 Results look better in English, Times Education Supplement, 9 January 2004
  8. "Two languages are better than one", artigo en The Guardian, 3 de marzo de 2004 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Bunscoill_Ghaelgagh&oldid=4917819"