Cámara dos Comúns (Reino Unido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cámara dos Comúns do Reino Unido")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cámara dos comúns no século XIX.

A cámara dos comúns do Reino Unido (en inglés House of Commons) é a cámara baixa do Parlamento do Reino Unido. É un corpo elixido democraticamente formado por 646 membros, coñecidos como membros do Parlamento ou MP. Os membros son elixidos polo sistema electoral maioritario (first past the post), mantendo o cargo ata que se disolve o Parlamento (un máximo de cinco anos). Cada membro é elixido, e representa, un distrito electoral ou constituency. Nesta cámara é de onde xorde a gran maioría dos ministros do goberno e, desde 1963, todos os primeiros ministros. A cámara dos comúns atópase no Palacio de Westminster.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cámara_dos_Comúns_(Reino_Unido)&oldid=4793704"