Cándido Viñas Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Viñas Calvo
Cándido Viñas Calvo 1935.jpg
Nacemento1902
 Pontevedra
Falecementoabril de 1978
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e escritor
PaiJosé Viñas del Monte
IrmánsAvelina Viñas Calvo
editar datos en Wikidata ]

Cándido Viñas Calvo, nado en Pontevedra en 1902 e finado na mesma cidade en abril de 1978,[1] foi un mestre e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Viñas del Monte e irmán da pintora Avelina Viñas Calvo[2]. Mestre. Comezou a publicar na década dos trinta, dándose a coñecer en 1934 con Horas huidas. A maior parte da súa poesía xira en torno a Pontevedra e a súa bisbarra. Colaborou nas revistas Finisterre, Sonata Gallega e Litoral. Publicou en 1972 o poemario Xoias e coitas da terra orballada, a súa primeira publicación en galego. Foi nomeado membro non numerario da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Horas huidas: poemas (poesía; Vigo, 1934)
  • Tropel de ritmos (poesía; Pontevedra, 1935)
  • Huellas en desorden. Poemas 1935-39 (poesía; Pontevedra, 1940)
  • Valleamar: 1940-1941 (poesía; Pontevedra, 1941)
  • La cima extraviada (poesía; Pontevedra, 1943)
  • Galas y gozos de Pontevedra (poesía; Pontevedra, 1945)
  • Caminando al sol de Galicia (poesía; Pontevedra, 1946)
  • Anacos (1950)
  • Río Lérez: poemas (poesía; Pontevedra, 1950; Segundo premio no Concurso literario do Centro Galego de Buenos Aires)
  • Gracia e ingenio de Pontevedra, 1954)
  • Hombres y cosas de ayer y de hoy. Humorismo pontevedrés, 1967)
  • Presencia y gozo del humorismo gallego (1968)
  • En Galicia, una vez... (1969)
  • El cura de Ouriños y otros desvelos (1971)
  • Xoias e coitas da terra orballada (1972)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elena del Valle del Río en 1935[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-4-1978, p. 45.
  2. Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.
  3. El Pueblo Gallego, 10-9-1935, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cándido_Viñas_Calvo&oldid=5140677"