C.P.A. Condado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

O Club Patinaxe Artística Condado fundouse en decembro de 2009 con 13 patinadoras. Cos anos o Club foi crecendo e hoxe en día hai 77 patinadoras/es de 4 a 19 anos.

Este club xestiona as escolas de Ponteareas e Leirado, onde se prepara os/as nenos/as para entrar a formar parte do club.

Disciplinas competitivas[editar | editar a fonte]

Dentro da patinaxe artística sobre rodas abrangue nas seguintes disciplinas competitivas:

-Patinaxe libre[editar | editar a fonte]

Esta modalidade consta de primeira e segunda categoría e niveis. Os patinadores/as poden acceder a calquera delas, dependendo das súas habilidades técnicas, someténdose ás diferentes probas de acceso. O club con representación nas seguintes categorías:

• Niveis

• Benxamín Feminino

• Alevín Feminino

•Infantil Feminino

•Cadete Feminino

-Patinaxe Show[editar | editar a fonte]

Ten representación actualmente en dúas categorías:

· O Grupo Pequeno, formado por 8 patinadoras de 16 a 19 anos, créase no ano 2018 e xa conseguiu un terceiro posto no Campionato Galego celebrado en Santiago, un segundo posto na Copa de España celebrada en Alcoi, un terceiro posto no Trofeo Cidade de Vigo e un segundo posto no Trofeo Salvaterra Milenaria.

No ano 2019 participaron no Campionato Galego e obtiveron unha segunda posición, no Campionato de España clasificaronse décimo segundas e no Trofeo Internacional Concello de Vigo onde conseguiron unha segunda posición.

· O Grupo Júnior, formado por 12  patinadores/as de 12 a 17 anos, comezou competindo con 9 patinadoras en segunda categoría no ano 2014 e conseguiu unha terceira posición no Campionato Grupos Show.

No ano 2015 gañaron o Campionato Galego de segunda categoría e no XVIII Trofeo Internacional a Latina obtiveron un segundo posto.

No 2016 gañaron o Campionato Galego e lograron o pase ao Campionato de España que se celebrou en Alcoi. Clasificáronse décimo terceiras.

Tamén participan no Trofeo Internacional Concello de Vigo na categoría xuvenil e conseguen un segundo posto.

No ano 2017 participaron no Campionato Galego e volveron conseguir un segundo posto. Participan no VIII Campionato de España e obtiveron un oitavo posto. En abril dese mesmo ano gañan o Trofeo Internacional Concello de Vigo.

No 2018 gañaron o Campionato Galego e conseguiron un decimo terceiro posto no Campionato de España.

No 2019 participaron no Campionato Galego e quedan en segundo posto; quedaron novenas no Campionato de España. Así mesmo, obtiveron a terceira posición no Trofeo Internacional  Concello de Vigo.

Trofeo Salvaterra Milenaria[editar | editar a fonte]

O Club organiza desde o ano 2018 o Trofeo Salvaterra Milenaria que no ano 2019 acolleu un total de 450 patinadores/as e 23 clubs, entre os que estiveron o campión galego en grupos grandes, o campión galego en grupos cuartetos e as actuais campioas galegas e subcampioas de España en grupos pequenos. Ademais, o Trofeo organizado polo Condado foi de ámbito internacional, polo que incluíu varios grupos de Portugal e os actuais campións de Portugal en grupos show cuarteto que, xunto ao CPA Gondomar, participarán nos World Roller Games de Barcelona 2019.

Directiva[editar | editar a fonte]

A directiva do Club está composta polo presidente Eduardo Caride, unha secretaria, unha tesoureira e catro vocais.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Para os adestramentos utiliza o pavillón polideportivo Municipal Cándido Carreira Estévez, cedido polo Concello de  Salvaterra.

As instalacións contan cunha pista polideportiva de madeira, cinco vestiarios e bancadas con capacidade para acoller a máis de mil espectadores.

Adestrador[editar | editar a fonte]

O adestrador do Club é Eduardo Caride (Vigo 1988). Tamén é xuíz e presidente do club. Comezou a  patinar con apenas 5 anos e segue fiel ao seu deporte. Cómpre destacar que é o único galego con medalla nun mundial, cun terceiro posto no ano 2005 co Club Valladares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

https://www.facebook.com/cpacondado/

https://www.instagram.com/cpacondado/

https://www.facebook.com/cpacondado/

http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

https://fep.es/website/comp_pa_eventos.asp?modalidad=16

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=C.P.A._Condado&oldid=5192562"