Director executivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CEO")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo director executivo, así como director xeral, director xerente, executivo delegado, xefe ejecutivo, presidente executivo, principal oficial executivo, conselleiro delegado ou primeiro executivo, adoitan usárense indistintamente para facer referencia á persoa encargada da máxima autoridade da xestión e dirección administrativa nunha organización ou institución.

Aínda que nas pequenas empresas é habitual que o posto de presidente e de director executivo recaia na mesma persoa, non sempre é desta maneira, e adoita ser o presidente quen encabeza o goberno corporativo (estratexias xerais), e o director executivo quen representa a administración da empresa (a fase operativa das estratexias).

Nas grandes empresas o director executivo pode contar cunha serie de directores para cada unha das responsabilidades da compañía, como é o caso do director de operacións, o director de finanzas e o director de información.[1]

No inglés utilízase normalmente o termo chief executive officer (director executivo) así como o seu acrónimo CEO, ou ben managing director (MD, director xeral), para designar este posto directivo. A Asociación de Academias da Lingua Española e a Fundación del Español Urgente (Fundéu) desaconsellan o uso da sigla CEO en español para referirse ao posto de director executivo. A Fundéu recomenda usar o nome do cargo —consejero delegado, director general ou presidente ejecutivo, por exemplo— de coñecere o nome exacto do posto, ou a forma xenérica primer ejecutivo en caso contrario, en lugar das siglas en inglés,[2] seguindo a recomendación xeral de non usaren siglas, senón o seu desenvolvento, en textos divulgativos.

Non debe traducirse como xerente, termo que ten un sentido máis amplo, pois inclúe a todos os que participan en actividades directivas ou de supervisión nunha empresa (como o supervisor de turno).

Polo momento, a Real Academia Galega non se pronuciou sobre este asunto.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de CEO en definicionabc.com (en castelán).
  2. Fundéu (11 de xaneiro de 2011). "Ceo, es el primer ejecutivo de una empresa". 
  3. ceo no Dicionario da RAG.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Director_executivo&oldid=5263636"